Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data de 13 de outubro de 1997, adoptou o seguinte acordo:

«1. Incoar, ó amparo do disposto no artigo 120 da Lei de expropiación forzosa, o pertinente expediente administrativo para determina-la relación de bens e dereitos afectados polas ocupacións xa producidas con ocasión dos traballos efectuados en relación coa consolidación do vertedoiro de Bens tralo derrumbamento, ou que se poida producir como consecuencia da execución do proxecto de restitución dos servicios como consecuencia do derrumbamento do vertedoiro do Portiño redactado polos servicios municipais en setembro de 1997 baixo a dirección do enxeñeiro de camiños municipal xefe da área de servicios, así como fixa-las indemnizacións a que dese lugar polos danos ocasionados nos bens inmobles afectados, incluídas as correspondentes á perda das partes dos predios afectados polas ocupacións definitivas.

2. Aproba-la relación inicial de bens e dereitos afectados, en canto a bens inmobles se refire, para os efectos da súa publicación e posterior trámite de alegacións.

3. Dar audiencia no expediente, para os efectos de que poidan comparecer nel e tomar coñecemento das actuacións que se practiquen, á entidade concesionaria do servicio de recollida de lixo».

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 111.2 en relación co 17 da Lei de expropiación forzosa, advertindo os posibles interesados de que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, durante un prazo de quince días, de luns a venres, en horas de 12 a 13.30.

Alcaldía da cidade da Coruña, 13 de outubro de 1997.

Salvador Fernández Moreda

P.D.

Alcalde

7619