Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 26 de agosto de 1997 polo que se comunica resolución de incumprimento total no expediente de incumprimento iniciado á empresa Saprocarne, S.L., expediente 3/93.0097.8993.N.0441080590 de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Saprocarne, S.L. titular do expediente 3/93.0097.8993.N.0441080590 relativo a subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista que, con data do 4 de xullo de 1997, a Dirección Xeral do Igape acordou resolver:

«1. Declarar incumpridas as condicións na concesión de subsidiación ó tipo de xuro á empresa Saprocarne, S.L. ó abeiro de convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras para 1993, posto que a beneficiaria non xustificou o cumprimento dos compromisos contraídos ó acepta-la resolución de concesión de subsidiación, e en virtude deixar sen efecto a resolución de concesión da subsidiación ó tipo de xuro.

2. De conformidade co disposto no artigo 78.5 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia e no convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas para 1993 (cláusula 12), a empresa Saprocarne, S.L. deberá reintegrarlle ó Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o seu ingreso na conta de Caixa Galicia nº 2091.0300.47.311006317/2, o seguinte importe:

0 ptas., correspondentes ó importe da subvención percibida indebidamente.

0 ptas., en concepto de xuros devengados polas cantidades indebidamente percibidas desde o momento do seu aboamento.

Total que hai que reintegrar: 0 ptas.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo ordinario perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes (Arts. 107 e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común); transcorridos tres meses desde a súa interposición sen que recaia resolución, poderá entenderse desestimado, quedando aberta a vía xurisdiccional perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

7874