Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.161

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2 da Lei 13/1995, do 18 de maio e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos de obra pública que se relacionan.

1. Contratos administrativos de obras:

Forma de adxudicación: a totalidade dos contratos que de seguido se identifican foron adxudicados, logo da tramitación do correspondente expediente administrativo, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto no artigo 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administración públicas.

1.1. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no Ensanche A, no concello de Ferrol (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe da adxudicación: 70.495.000 ptas.

Prazo da execución: 8 meses.

Data da adxudicación: 31 de xullo de 1997.

1.2. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo en Urdilde, no concello de Rois (A Coruña).

Adxudicatario: Airado y Maseda, S.L.

Importe da adxudicación: 63.380.240 ptas.

Prazo da execución: 10 meses.

Data da adxudicación: 31 de xullo de 1997.

1.3. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Zas, (A Coruña).

Adxudicatario: Oreco, S.A.

Importe da adxudicación: 53.684.008 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Data da adxudicación: 31 de xullo de 1997.

1.4. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo, 2ª fase, en Caión, no concello de Laracha (A Coruña).

Adxudicatario: Antonio Varela Villamor, S.L.

Importe da adxudicación: 46.611.980 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Data da adxudicación: 31 de xullo de 1997.

1.5. Obxecto do contrato: obras varias en instalacións deportivas no concello de Muxía (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Importe da adxudicación: 45.726.043 ptas.

Prazo da execución: 5 meses.

Data da adxudicación: 31 de xullo de 1997.

1.6. Obxecto do contrato: pistas de altetismo, 2ª fase, nas Pedreiras, no Campus Universitario de Lugo.

Adxudicatario: Imaga. Proyectos y Construcciones, S.A.

Importe da adxudicación: 147.659.333 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Data da adxudicación: 15 de setembro de 1997.

1.7. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Coles (Ourense).

Adxudicatario: A. y R. Gómez Crespo, S.L.

Importe da adxudicación: 63.986.427 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Data da adxudicación: 8 de setembro de 1997.

1.8. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Valdoviño (A Coruña).

Adxudicatario: Arias Hermanos, Construcciones, S.A.

Importe da adxudicación: 77.846.676 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Data da adxudicación: 15 de setembro de 1997.

1.9. Obxecto do contrato: construcción dun centro de actividades deportivas, no concello de Oleiros, (A Coruña).

Adxudicatario: Cuiña, S.A.

Importe da adxudicación: 92.310.198 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Data da adxudicación: 8 de setembro de 1997.

1.10. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Oza dos Ríos (A Coruña).

Adxudicatario: Airado y Maseda, S.L.

Importe da adxudicación: 64.453.363 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Data da adxudicación: 8 de setembro de 1997.

1.11. Obxecto do contrato: instalacións deportivas, 1ª fase, en Codeso, no concello de Boqueixón (A Coruña).

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe da adxudicación: 41.346.265 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Data da adxudicación: 8 de setembro de 1997.

2. Contratos administrativos de obras: complementarios:

Forma de adxudicación: a totalidade de contratos administrativos de obras que de seguido se identifican foron adxudicados logo da tramitación do pertinente expediente administrativo, mediante procedemento negociado sen publicidade, ó abeiro do disposto no artigo 141.d) da Lei 13/1995, do 18 de maio.

2.1. Obxecto do contrato: proxecto complementario á obra de reforma do campo de fútbol das Cancelas en Santiago de Compostela (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe da adxudicación: 19.930.662 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

2.2. Obxecto do contrato: proxecto complementario á urbanización do complexo deportivo do INEF de Galicia en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: Imasa.

Importe da adxudicación: 16.107.719 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

2.3. Obxecto do contrato: complementario ó de piscina cuberta do concello da Guarda (Pontevedra).

Adxudicatario: Indeza, S.L.

Importe da adxudicación: 10.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

3. Contratos administrativos de consultoría e asistencia:

Forma de adxudicación: a totalidade dos contratos que de seguido se identifican foron adxudicados logo da tramitación do correspondente expediente administrativo, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto no artigo 209 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

3.1. Obxecto do contrato: servicios técnicos complementarios para a toma de datos e seguimento dos plans e programas de investimentos da Secretaría Xeral para o Deporte.

Contratista: Keon, Sociedad Anónima.

Importe da adxudicación: 3.750.000 ptas.

Data da adxudicación: 30 de setembro de 1997.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

7661