Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciáronse os expedientes de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-2741; XG-295, de Santiago de Compostela a Boisaca, A Conxo, A Son de Abaixo, A Bar de Arriba e prolongación a Figueiras (titular: Trap, S.A.).

* V-2958; XG-334, de Ortoño a Santiago de Compostela (titular: Trap, S.A.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7530