Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, da explotación en réxime de concesión, do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

1. Obxecto: contratación da explotación, en réxime de concesión, do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

2. Prazo da concesión: cinco anos.

3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderase retirar da Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

4. Fianza provisional: 1.000.000 de pesetas.

5. Fianza definitiva: 30.000.000 de pesetas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo 2 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo admi

nistrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día que resulte de contar 26 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da explotación do servicio de hostelería da Pousada de Portoramín, que presenta .... en nome .... (propio ou da entidade que representa)».

8. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do terceiro día hábil, contado desde o día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas; se este fose sábado trasladarase ó primeiro día hábil.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

7841