Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.153

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 96/061 e 97/001 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, números 96/061 e 97/001, convocados por resolucións con datas do 22 de novembro de 1996 e 6 de marzo de 1997 (BOE do 20 de decembro de 1996 e 27 de marzo de 1997, respectivamente), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 25 de setembro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía animal.

Praza nº: 96/061.

Comisión titular:

Presidente: Rodríguez Babío, Celso Eugenio, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Secretario: Martínez Ansemil, Enrique, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Bach Piella, Carmen, catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Domínguez Conde, Jesús, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Simón Benito, José Carlos, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Viéitez Martín, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Secretario: Irgorri Carrasco, Victoriano, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Novoa Docet, Fco. de Paúl, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Raduan Ripoll, Mª Ángeles, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Ortega Hidalgo, Mª Mercedes, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: bioquímica e bioloxía molecular.

Praza nº: 97/001.

Comisión titular:

Presidente: Santiago Calvo, Esteban, catedrático de universidade. Universidade de Navarra.

Secretario: López Moratalla, Natalia, catedrática de universidade. Universidade de Navarra.

Vocais:

Macarulla Creoles, José María, catedrática de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Medina Jiménez, José María, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Fernández de Caleya y Álvarez, Roberto, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Ramos Martínez, Juan Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Segovia Parra, Josefa Liboria, catedrática de universidade. Universidade de Granada-

Vocais:

Cabezas Fernández Campo, José, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Blázquez Fernández, Enrique, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid

Zorzano Olarte, Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

7645