Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.153

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Manuel Peralbo Uzquiano.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 17-7-1996 (BOE do 14-8) para a provisión da praza número 96/041 de catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade, a favor de Manuel Peralbo Uzquiano, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Peralbo Uzquiano, catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación desta universidade.

A Coruña, 29 de setembro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

7737