Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

INFORMACIÓN pública.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 11 de setembro de 1997, aprobou, entre outros, a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Narón na esquina da rúa Vintecinco de Xullo coa prolongación da rúa Velázquez. Recibiu o informe, así mesmo, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 18 de xullo do ano en curso.

En virtude do establecido no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia, procédese, mediante a publicación deste anuncio, á apertura dun período de exposición pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó de aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Narón, 8 de outubro de 1997.

Xoan Gato Díaz

Alcalde

7851