Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de apertura e urbanización do primeiro tramo da Rúa do Cordón, en Lérez.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o vintedous de setembro de mil novecentos noventa e sete, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de apertura e urbanización do primeiro tramo da Rúa do Cordón e proxecto complementario da rede de sumidoiros no Camiño da Santiña, que anula as determinacións de evacuación de augas residuais daquel, promovido mediante iniciativa particular por Promociones Abasot, S.L., e redactados polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, visados polo

Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, respectivamente, os días 5-12-1995 e 23-4-1997; desestimáronse as alegacións formuladas durante a información pública do proxecto, por canto, de conformidade co informe do enxeñeiro xefe dos Servicios Técnicos Municipais, coa resolución prevista no proxecto evitarase a actual situación de desbordamento da rede de sumidoiros da Rúa da Santiña.

O que se fai público para a súa executividade e sublíñase que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 1 de outubro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral