Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, do 7 de xullo do ano en que andamos, resolveuse aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para a unidade de execución nº 15-O Temple-Cambre das normas subsidiarias municipais, presentado por Avelino López Camba, en representación de EPAAT, S.L., e que redactou o arquitecto José Miguel Vázquez García.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 25 de setembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

7850