Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso público procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se indica. (Expediente 408/1997).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 408/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto básico de execución de bancada e actuacións diversas en zona deportiva de Vigo.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 49.850.814 pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible:

Grupo C, subgrupos 1, 2, 3 e 6, categoría E.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 6 de outubro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

7598