Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica da L.M.T., C.T. e R.B.T. Pereiro Alén, Recobio (Pereiro de Aguiar). (Expediente IN407A 97-33-3 A.T.).

Visto o expediente incoado na Sección de Enerxía desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, no que solicita autorización para o establecemento dunha instalación eléctrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto na Lei de industria, do 16 de xullo de 1992, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas.

Esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica proxectada, coas características seguintes:

Liña aérea a 20 kV, de 30 metros de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios metálicos ou de formigón, derivada desde un apoio da L.M.T. Velle-Pinto, e rematará no C.T. proxectado aéreo en Vilar (O Pereiro de Aguiar) con 50 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. con unha lonxitude de 255 metros.

Liña aérea a 20 kV de 1.222 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios metálicos ou de formigón, derivada desde o apoio 37 da L.M.T. Velle-Pinto, e rematará no C.T. existente na Chaira (O Pereiro de Aguiar).

Liña de baixa tensión en conductor R.Z., de 635 metros, con orixe no C.T. existente en caseta no Pereiro de Aguiar.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento

dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 3 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7520