Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/92-3).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003, Ourense.

Denominación: L.M.T, C.T. e R.B.T. Silvela (Allariz).

Situación: Allariz (Ourense).

Descricións técnicas: liña de M.T. soterrada a 20 kV conductor RHV-12/20 kV, de 500 m de lonxitude, desde L.M.T.S. existente Fuxón-Chalets e remata no C.T. proxectado con 160 kVA 20.000/380-220 V, na urbanización A Viña, e liña B.T. aérea en Silvela e R.B.T. soterrada na Viña e Piñeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7513