Visto o expediente incoado na Sección de Enerxía desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, no que solicita autorización para o establecemento dunha instalación eléctrica, cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e de acordo co disposto na Lei de industria, do 16 de xullo de 1992, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas.
Esta delegación provincial resolveu,
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica proxectada, coas características seguintes:
Liña aérea a 20 kV, de 90 metros de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios metálicos ou de formigón, derivada desde o apoio 32 da L.M.T.
Dacón-Garabás, e rematará no C.T. proxectado aéreo en Dacón leste (Maside) con 160 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. con unha lonxitude de 300 metros.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Ourense, 3 de setembro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
97-7517