Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio), e no artigo
10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, (DOG nº 228 de 21-11) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente,
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Marisol nº 2.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal C, cuadrícula 15.
Data da concesión: 13.8.1975.
Data de finalización da última prórroga: 13.8.2005.
Anterior concesionario: Romualdo Fernández Lamas e Carmen Vidal Múñiz.
Novo titular da concesión e batea: Mª Soledad Fernández Vidal.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 26 de setembro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
7408