Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de consultoría e asistencia que se cita.

O delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, en virtude das facultades conferidas pola normativa vixente de contratación, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña.

-Nº de expediente: C-1/1997.

2. Obxecto do contrato.

-Servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa coruñesa.

-Publicado por resolución da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña do 24-7-1997 no DOG nº 150 do 6-8-1997.

3. Tramitación.

Concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

4. Orzamento de licitación.

7.500.000 de pesetas.

5. Adxudicación.

-Por resolución do delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña do 25 de agosto de 1997.

-Empresa: Compañía Especial de Traballos e Servicios Autónomos, S.L. (CETSA).

-Importe da adxudicación: 7.476.192 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A Coruña, 15 de setembro de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

97-7416