Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de setembro de 1997 pola que declaran extinguidas as concesións de tres cetarias sitas nas Lagoas (A Coruña), outorgadas a Ramón Pose e Hijos, S.L.

Visto o expediente iniciado a Ramón Pose e Hijos, S.L., na súa condición de titular dos seguintes establecementos de cultivos marinos:

1. Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta e lubrigante.

Localización: Furna do Lago Morto. As Lagoas (A Coruña).

Superficie: 624 m.

Data da concesión: 23-3-1934 (BOE nº 93).

Vixencia: permanente.

2. Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta e lubrigante.

Localización: As Lagoas (A Coruña).

Superficie: 950 m + 3.400 m = 4.350 m.

Data da concesión: 17-11-1943 (BOE nº 328) ampliada por OM do 6-8-1948 (BOE nº 230).

Vixencia: permanente.

3. Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta e lubrigante.

Localización: As Lagoas (A Coruña).

Superficie: 2.906 m.

Data da concesión: 14-12-1956 (BOE nº 48/57).

Vixencia: permanente.

Resultando que con datado 11-8-1997 a Delegación Territorial da Coruña acordou a incoación do expediente de caducidade das tres citadas concesións pola causa 72 a) e b) recollidas na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Considerando que o expediente foi tramitado conforme dereito.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, no exercicio das súas atribucións e competencias, resolve:

Extingui-las tres concesións que a continuación se relacionan, outorgadas a Ramón Pose e Hijos, S.L.

Concesións que caducan:

1. Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta e lubrigante.

Localización: Furna do Lago Morto. As Lagoas (A Coruña).

Superficie: 624 m.

Data de concesión: 23-3-1934 (BOE nº 93).

Vixencia: permanente.

2. Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta e lubrigante.

Localización: As Lagoas (A Coruña).

Superficie: 950 m + 3.400 m = 4.350 m

Data da concesión: 17-11-1943 (BOE nº 328) ampliada por OM do 6-8-1948 (BOE nº 230).

Vixencia: permanente.

3. Tipo de establecemento: cetaria.

Especies autorizadas: lagosta e lubrigante.

Localización: As Lagoas (A Coruña).

Superficie: 2.906 m.

Data da concesión: 14-12-1956 (BOE nº 48/57).

Vixencia: permanente.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

97-7763