Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia (DOG nº 228 de 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente,
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Ostrasa nº 2.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal E, cuadrícula 242.
Data da concesión: 19-6-1978.
Data de finalización da última prórroga: 9-8-1998.
Anterior concesionario: Ramón Torres Riveiro e Enrique Vázquez Santiago.
Novo titular da concesión e batea: Ramón Torres Riveiro e Josefa Beltrán Bravo.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais
vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 10 de setembro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
7403