Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.028

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 29 de setembro de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estos prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

-Palabras novas e nomes propios: 320 ptas.-Ortografía do texto: 320 ptas.

-Guillermo Pérez Villalta. Debuxos 1972-1997: 1.500 ptas.

-Silverio Rivas: 1.500 ptas.-Sofía Casanova: 750 ptas.-Manuel Soto Freire: 750 ptas.-Actas de las Juntas del Reino de Galicia. Volumen II: 4.000 ptas.-Congreso de Ánxel Fole: 2.230 ptas.-Museo das Peregrinacións. Santiago de Compostela: 1.500 ptas.-Legado «Chucho» Sánchez Orriols. Fondo bibliográfico: 800 ptas.-Colección Valdearte 1995, 96, 97: 1.000 ptas.-Perejaume: 2.500 ptas.-Iubilate deo: 500 ptas.-Misa solemne. Unus Deus: 2.000 ptas.

7239