Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.027

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 1 de outubro de 1997 pola que se recoñece a denominación específica Mel de Galicia e se nomea o seu Consello Regulador Provisional.

Por Orde do 1 de xullo de 1988 recoñécese a denominación Producto Galego de Calidade Mel de Gali

cia, para os meles producidos en Galicia na maneira e condicións que se determinan, segundo o regulamento desta denominación, que foi aprobado por Orde do 8 de febreiro de 1989.

Durante estes últimos anos a producción sufriu unha constante evolución orientada a conseguir parámetros de máis calidade, todo iso acompañado dun maior grao de organización do sector, e tamén dunha considerable mellora na presentación e comercialización dun producto tan tradicional e de recoñecido prestixio en Galicia. Polo tanto, actualmente é aconsellable darlle un empuxe adicional para lograr abrir novas vías de comercialización e que a presencia da mel de Galicia con indicativo de calidade nos mercados nacionais sexa cada vez maior.

En consecuencia, por petición do sector interesado, e de conformidade co artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Recoñécese a denominación específica Mel de Galicia para os meles producidos e envasados na Comunidade Autónoma de Galicia, na maneira e condicións que determine o seu regulamento particular.

Artigo 2º

Noméase un consello regulador, con carácter provisional, que por proposta dos sectores interesados queda formado polos membros seguintes:

Presidente: Jesús Asorey Martínez.

Vocais:

-Polo sector productor:

Titular: César Martínez Yáñez.

Suplente: Jesús Díaz Acebo.

Titular: José Fernández Fernández.

Suplente: Manuel Gutiérrez Saavedra.

Titular: María del Carmen Moirón Rodríguez.

Suplente: Benedicto Carballeira Rodríguez.

Titular: Francisco Martínez Velasco.

Suplente: Armando Rodríguez Losada.

-Polo sector envasador:

Titular: Antonio Saavedra Pereira.

Suplente: José María Romero Telle.

Titular: Isidro Pardo Varela.

Suplente: Perfecto García González.

Titular: José María Seijo Coello.

Suplente: Carlos Rolán Núñez.

Titular: Amador Rodríguez Troncoso.

Suplente: David Corral Pombo.

Artigo 3º

Encoméndaselle ó consello regulador provisional a redacción do regulamento particular da denominación específica Mel de Galicia, que elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación.

Artigo 4º

O consello regulador provisional elaborará os censos de productores e de envasadores de mel que se encontren interesados en adscribirse a esta denominación, integrando pola súa vez nos novos rexistros ós inscritos ata a actualidade na denominación Producto Galego de Calidade Mel de Galicia.

Artigo 5º

A indicación denominación específica Mel de Galicia non poderá ser mencionada nas etiquetas, documentación e publicidade dos meles citados, ata que o seu regulamento sexa aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Disposición transitoria

Única.-Durante a fase provisional de funcionamento da denominación específica Mel de Galicia, os inscritos nos rexistros do Producto Galego de Calidade Mel de Galicia poderán seguir utilizando os nomes e símbolos da mencionada denominación nas condicións que sinala o seu regulamento. A súa ordenación substantiva adecuarase ás obrigas das ordes do 1 de xullo de 1988 e do 8 de febreiro de 1989, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, mentres non sexan substituídas definitivamente, unha vez se elabore e aprobe o Regulamento da denominación específica Mel de Galicia.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan á presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

7644