Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de outubro de 1997 pola que se promulgan as bases reguladoras das axudas da iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 937/1997, do 20 de xuño (BOE nº 165 do 11 de xullo de 1997), dictado no ámbito da competencia estatal exclusiva en materia de Bases e Coordinación da Planificación Xeral da Actividade Económica (Art. 149.1.13ª C.E.), establece a regulación do réxime de axudas previstas na iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial e no Programa Operativo para España no marco da iniciativa Comunitaria PEME, aprobado por decisión da Comisión das Comunidades Europeas do 26 de xullo de 1996. Tal real decreto atribúe a xestión das axudas establecidas no mesmo ás comunidades autónomas, establecendo no seu Art. 6, que cada Comunidade Autónoma deberá dictar no seu ámbito xeográfico as bases reguladoras das subvencións de acordo co referido real decreto así como realiza-las convocatorias destas.

Tal cometido no ámbito da nosa Comunidade é competencia da Consellería de Economía e Facenda, consellería á que está adscrito o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propios, creada pola Lei 5/1992, do 10 de xuño, como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsa-lo desenvolvemento competitivo do sistema productivo galego, ó que compete promover todo tipo de actividades que contribúan a lograr un desenvolvemento económico harmónico e equilibrado da nosa comunidade. Tendo en conta a natureza e finalidades de tal Instituto, o Igape revélase como o organismo idóneo dentro da nosa Comunidade Autónoma para asumi-la xestión das axudas da Iniciativa PEME previstas no referido R.D. 937/1997.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Ó abeiro do establecido no Art. 6 do R.D. 937/1997 do 20 de xuño, o obxecto da presente orde é desenvolver, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as bases reguladoras das axudas previstas no citado texto, así como realiza-la súa convocatoria para o ano 1997.

Os programas de tal decreto que se desenvolven no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia son os seguintes:

Cooperación empresarial.

1. Promoción dos servicios de información empresarial.

2. Deseño.

3. Redes de organismos intermedios de apoio á innovación.

4. Financiamento.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas con carácter xeral, e sen prexuizo se é o caso, das particularidades establecidas para cada programa no anexo da presente orde, as pequenas e medianas empresas e os organismos intermedios que teñan o seu domicilio social e o centro principal da súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido no Art. 1 B) 1º do R.D. 937/1997 considerarase pequena e mediana empresa (PEME), segundo a Recomendación da comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996, a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que no momento da solicitude reúna os seguintes requisitos:

a) Que empreguen a menos de 250 traballadores.

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40.000.000 de ecus ou ben un balance xeral non superior a 27.000.000 de ecus. O valor do ecu será o do primeiro día do mes en que se presenta a solicitude.

c) Que non estea participada nun 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto, por outras que non reúnan os requisitos anteriores, salvo que sexan sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou inversores institucionais, sempre que estos non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa.

De acordo co establecido no Art. 1B) 2º do R.D. 937/1997, consideraranse organismos intermedios:

a) As organizacións públicas, semipúblicas ou privadas, calquera que sexa o seu estatuto fundacional, con personalidade xurídica propia, que sen ánimo de lucro, con carácter habitual, presten servicios de apoio ás pequenas e medianas empresas, mediante a realización de programas comúns de asistencia ou a oferta de servicios, que contribúan á promoción e mellora da xestión das PEMES.

b) As organizacións que, con ánimo de lucro e maioría de capital de titularidade pública, cumpran as finalidades do parágrafo anterior.

c) As entidades financeiras, excluídas as de crédito, que desenvolven actuacións recollidas nos programas de apoio financeiro establecidos no R.D. 937/1997.

Tales definicións acomodaranse en todo caso ás establecidas no referido R.D. 937/97 ou normativa que resulte de aplicación. No suposto de que estas se modificasen entenderanse igualmente modificadas as definicións contidas na presente orde.

Artigo 3º.-Destino.

Para cada programa dos referidos no artigo 1 da presente orde, poderán ser obxecto de axuda, mediante a concesión de subvencións, os proxectos e actuacións que cumpran as condicións e requisitos recollidos no anexo I.

Serán prioritarios os proxectos considerados subvencionables dentro do Programa Operativo para España no Marco da Iniciativa Comunitaria PEME, aprobada por Decisión da Comisión da Unión Europea do 26 de xullo de 1996.

Quedan expresamente excluídos os proxectos relativos ás materias de deseño industrial e de innovación tecnolóxica industrial, así como as accións para a participación de pequenas e medianas empresas industriais no Programa Marco de I+D da Unión Europea, que a competencia dos cales correspóndelle ó Ministerio de Industria e Enerxía.

Artigo 4º.-Xestión das axudas.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) será o organismo encargado de tramitar e resolve-las solicitudes de subvencións - sen prexuízo da asistencia técnica que por razón da materia poidan presta-las consellerías sectoriais -, así como de proceder ó seu pagamento, con cargo ós créditos para o efecto asignados para 1997 resultantes da distribución territorial efectuada pola Conferencia Sectorial da Pequena e Mediana Empresa de acordo co establecido no Art. 5 do R.D. 937/1997.

A contía dos créditos asignados para o presente exercicio é de catrocentos corenta e catro millóns trescentas mil (444.300.000) pesetas, que poderán ser ampliados ata en douscentos corenta e cinco millóns cen mil (245.100.000) pesetas máis, en función da distribución territorial de créditos que a nivel nacional realice a Dirección Xeral Política da Pequena e Mediana Empresa.

A concesión das axudas estará supeditada, en todo momento, á existencia de crédito suficiente.

Artigo 5º.-Tramitación.

5.1. Presentación de solicitudes.

Sen prexuízo das especialidades previstas no anexo I para o Programa de Financiamento, as solicitudes de axudas presentaranse por duplicado no Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela, en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante instancia dirixida ó conselleiro de Economía e Facenda, presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), conforme os modelos que, para cada programa, se publicarán no DOG.

Á solicitude xuntarase, en orixinal ou copia autenticada, a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

a) En caso de ser persoa física, fotocopia do DNI.

b) En caso de persoas xurídicas, deberase aportar fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura ou acta de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro público correspondente, así como DNI e poder do representante inscrito, no seu caso, no Rexistro Mercantil.

2) Certificación acreditativa do cumprimento polo solicitante das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social impostas pola lexislación vixente, emitida polos organismos competentes.

3) Certificación de que o solicitante non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

4) Alta no imposto de actividades económicas e último recibo pagado por este imposto, se é o caso.

5) No caso de sociedades mercantís, resumo de contas e balances correspondentes ó último exercicio económico pechado, así como certificación do órgano de administración, que comprenda: a composición actual do órgano, o detalle de partícipes con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e a porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocio, o inmobilizado neto e o activo neto correspondente á data de peche do último exercicio económico pechado.

6) No caso de Asociacións ou Agrupacións Empresariais, certificación emitida polo secretario da asociación ou agrupación, onde conste o número de afiliados ou asociados.

7) Memoria descritiva do proxecto para o que se solicita a axuda, asinado polo solicitante, que especificará os datos que permitan determina-lo cumprimento dos criterios de avaliación para a concesión de axudas descritos no anexo I para cada un dos programas. O Igape non avaliará aqueles criterios que non figuren explicitamente detallados na memoria, polo que deberá menos conter:

a) Planificación detallada de execución.

b) Fitos finais e intermedios de control propostos, con indicadores de avaliación de cumprimentos.

c) Orzamentos detallados dos gastos subvencionables necesarios para a realización do proxecto.

8) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, segundo o modelo que se xunta como anexo II.

9) No caso de entidades acollidas ó réxime de exención do IVE, documentación acreditativa da mesma.

10) Aquela documentación que, para cada un dos programas, se sinale no anexo I.

5.2. Prazo de presentación.

Poderanse presentar solicitudes desde o día seguinte ó da publicación dos modelos de solicitude no Diario Oficial de Galicia, ata o 31 de decembro de 1997.

5.3. Subsanación e mellora da solicitude.

Se a solicitude e/ou a documentación presentada non reunisen os requisitos esixidos na presente orde, o Igape requirirá ó interesado para que nun prazo de dez días hábiles repare a falta ou presente a documentación necesaria, con indicación de que se así non se fixera, teráse por desistido da solicitude, arquivándose sen máis trámite, cos requisitos previstos no Art. 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En todo caso, o Igape poderá antes de dictar resolución, efectua-las actuacións necesarias ou requirir do interesado a documentación adicional que considere oportuna para efectos de determinar e comproba-los datos en virtude dos que deba pronunciarse a resolución.

5.4. Resolución.

Á vista dos datos existentes no expediente, e por proposta da Comisión Mixta Paritaria ó efecto constituída para o representantes do Ministerio de Economía e Facenda e do Igape, dictarase resolución polo Igape, detectará resolución de acordo cos criterios de valoración establecidos no anexo I para cada un dos programas.

A resolución de concesión recollerá en cada caso o importe dos gastos ou investimentos que se consideran subvencionables, o importe dos pasivos bancarios que se consideran reestructurables, a contía máxima da subvención concedida e a súa forma de pagamento, así como as condicións e prazos para a realización e xustificación dos proxectos aprobados, todo iso de conformidade coas condicións particulares que para cada programa subvencionable se establecen no anexo I da presente orde.

Caberá recurso ordinario ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde a notificación da resolución, que porá fin á vía administrativa.

Se no prazo de tres meses desde a presentación da solicitude, esta non fose resolta, poderá entenderse desestimada, cos efectos establecidos nos Art. 43 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.5. Aceptación da subvención.

As resolucións de concesión deberán ser aceptadas polo beneficiario no prazo dun mes contado desde a súa notificación. Coa dita aceptación o beneficiario obrígase o cumprimento de tódalas condicións e obrigas establecidas na resolución de concesión, na presente orde, no Decreto 937/1997 do 20 de xuño e demais disposicións que resulten de aplicación.

Se no referido prazo dun mes, o beneficiario non aceptase expresamente a subvención, quedará sen

efecto a concesión, entendéndose que renuncia a ela.

Artigo 6º.-Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante o Igape,-sen prexuízo das especialidades establecidas no anexo I para o programa de financiamento-, a realización do proxecto aprobado na forma e prazos establecidos na presente orde e os seus anexos para cada un dos programas e na resolución de concesión, establecéndose como data límite de xustificación o 15 de novembro de 1998.

En todo caso, o Igape poderá requirir en calquera momento do beneficiario a documentación adicional ou practica-las actuacións que estime oportunas para mellor comprobación da realización do proxecto segundo os termos da resolución.

Artigo 7º.-Pagamento da subvención.

Para o pagamento da subvención, segundo calendario que se establecerá en cada resolución individual, os beneficiarios deberán presentar ó Igape, xunto coa documentación xustificativa establecida no artigo anterior, unha solicitude de cobro, acompañada do detalle das actividades realizadas.

Antes de proceder ó seu cobro, os beneficiarios deberán acreditar que se encontran ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de aboamento, por ningún concepto, débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Logo de aboamento ó abono da subvención, o Igape poderá audita-la execución do proxecto.

Nos supostos nos que a empresa beneficiaria da subvención solicitase o seu cobro a conta con anterioridade á xustificación da adecuada realización do proxecto, será necesario que coa solicitude de cobro se aporte aval bancario suficiente, constituído de acordo coa normativa vixente, pola contía anticipada máis os xuros calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro polo prazo que medie entre a data da solicitude de pagamento e o último día en que o proxecto subvencionado teña que estar xustificado.

Artigo 8º.-Información e inspección.

Sen prexuízo do control que respecto ós proxectos financiados con fondos europeos corresponda á Unión Europea e ós órganos da Administración Xeral do Estado que se establecen na Decisión da Comisión Europea do 26 de xullo de 1996 e nos regulamentos comunitarios aplicables, e ademais dos mecanismos de control establecidos, o Igape, ben directamente a través dos seus órganos ou ben indirectamente a través das entidades que designe, poderá efectua-las inspeccións que considere oportunas co fin de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foran concedidas así como o cumprimento dos requisitos e condicións delas, debendo os beneficiarios facilitar ó maximo o dito labor ins

pector e aporta-la información que ó respecto lles sexa solicitada.

Artigo 9º.-Modificación da concesión.

Non serán aceptadas as modificacións dos proxectos que desvirtúen a súa finalidade ou impliquen incremento da subvención concedida.

O Igape, previo o seu estudio e valoración, resolverá sobre aqueloutras modificacións de proxectos solicitadas polos beneficiarios dos que a necesidade se xustifique. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da subvención e decretará, se é o caso, o reintegro do indebidamente percibido ata o dito momento, calculado segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 10º.-Incumprimento.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como se é o caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión xunto co reintegro, se é o caso, do indebidamente percibido e os seus xuros de demora.

Procederá a revogación da subvención así como o reintegro das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora xerados desde o momento da percepción delas cando concorra algún dos supostos establecidos no Art. 78.5º da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia ou cando se producise un incumprimento das condicións impostas ó beneficiario na resolución de concesión.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os expedientes tramitados conforme a presente orde poderán ser resoltos con posterioridade ó 31 de decembro de 1997 e ata o 1 de abril de 1998.

O aboamento das subvencións concedidas tamén poderá ser satisfeito con posterioridade ó 31 de decembro de 1997.

Segunda.-Mentres a presente orde se encontre en vigor e exista crédito suficiente non se admitirán solicitudes de axuda á cooperación empresarial presentadas ó abeiro da Orde do 24 de xullo de 1996.

O esgotamento dos créditos para a concesión de axudas con cargo á presente orde será obxecto de publicidade a través do Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

De acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real Decreto 937/1997 do 20 de xuño, ata que a Comisión das Comunidades Europeas outorgue o seu consentimento ó réxime de subvencións recollidas no citado texto, estará vixente o réxime de «minimis» establecido nas directrices comunitarias (DOCE nº C68/9, do 6 de marzo de 1996). Tal réxime de «minimis» establece como importe

máximo total de axuda para cada beneficiario durante un período de tres anos o de 100.000 ecus. A aplicación de tal normativa está expresamente excluída para as axudas á exportación, os sectores cubertos polo tratado CECA, a construcción naval, o sector de transportes e para as axudas concedidas para gastos relacionados coa agricultura ou a pesca.

Para os efectos establecidos neste precepto, o valor do ecu establécese en 165 pesetas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o Igape para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas reguladas nesta orde, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación dela.

Así mesmo facúltase o director xeral do Igape para que aprobe os modelos de instancias de tramitación da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Dos programas subvencionables.

Os presentes requisitos, termos e condicións serán de aplicación para cada prograrma subvencionable, ademais dos establecidos con carácter xeral.

1. Programa de cooperación empresarial.

Para os efectos da presente orde entenderase por cooperación entre empresas o desenvolvemento de proxectos empresariais de carácter productivo, comercial, tecnolóxico ou de investimento conxunto en capital, entre dous ou máis empresas, económica e xuridicamente independientes que, movidas pola reciprocidade de vantaxes e a búsqueda de sinerxias que poidan contribuír a incrementa-la súa competitividade, deciden colaborar estreitamente para desta forma reducir riscos e/ou compartir custos.

1. Beneficiarios das axudas.

As pequenas e medianas empresas e os organismos intermedios recollidos no artigo 2 da presente orde que proxecten realizar actividades de cooperación empresarial tanto no ámbito nacional como internacional.

2. Modalidade e obxecto das axudas.

A) As axudas públicas materializaranse mediante subvencións a fondo perdido, e estarán destinadas a financia-los gastos realizados polos socios galegos para a subscrición de acordos de cooperación, así como os correspondentes a actuacións integradas en plans de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación, que melloren a competitividade das empresas.

As actuacións consideradas non deben conducir a prácticas restrictivas da competencia, ofrecerán garantías de permanencia e estabilidade e estarán orientadas á promoción e apoio da cooperación empresarial.

B) Poderán subvencionarse as actividades requiridas para o cumprimento das diversas etapas do proceso de cooperación e, especificamente, as seguintes:

a) As relativas á promoción da cooperación, que inclúen a sensibilización e dinamización de proxectos concretos; diagnóstico das capacidades empresariais conxuntas e deseño das estratexias de cooperación, e actuacións de difusión da cooperación.

b) Busca e identificación de socios, de oportunidades de negocio e análise de factibilidade da idea de proxecto de cooperación.

c) As relativas á sinatura de acordos de cooperación, entre as que se recollen a análise de viabilidade do proxecto; o estudio das diversas alternativas e posibilidades de asociación empresarial; a negociación e formalización do acordo de cooperación.

d) Excepcionalmente, as relativas á posta en marcha dos acordos que requiran a prestación de servicios especializados, entre eles a formación, que se consideren imprescindibles e de difícil acceso para os socios galegos cos seus propios recursos.

e) Apoio á creación, constitución ou integración de organismos intermedios en organizacións supranacionais.

f) Accións de promoción orientadas a favorece-la agrupación das empresas para acceder a uns servicios que melloren a competitividade delas.

3. Gastos subvencionables.

A) Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gastos imputables ás diversas etapas do proceso de cooperación descritas no apartado 2 B) aboados a partir da data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata o 15 de novembro de 1998. Non se admitirán os gastos en que se incorra a partir da data de subscrición do contrato ou acordo de cooperación, coa salvidade dos gastos relativos ás actividades establecidas no punto 2.B.d anterior.

a) Os gastos externos de consultoría (técnica, económica ou xurídica) e excepcionalmente os de formación ou outros servicios ligados ó desenvolvemento do acordo, de acordo co previsto no apartado d) do punto B da cláusula anterior. Os gastos de consultoría deberán estar relacionados co estudio do proxecto de negocio empresarial nas súas diversas vertentes. Xunto coa solicitude de axudas deberá presentarse un orzamento detallado asinado pola empresa consultora ou de formación ou servicios no que se faga consta-la natureza e o alcance do servicio externo a prestar, así como as horas de traballo previstas.

O Igape subvencionará os gastos previstos por este concepto sempre e cando se adecúen ós prezos correntes de mercado correspondentes ó tipo de servicio externo presentado, podendo noutro caso minora-la contía dos gastos subvencionables a tal importe, de acordo coas ofertas de mercado que para o efecto se soliciten.

b) Os gastos notariais e rexistrais que sexan necesarios para a formalización do acordo e correspondan ós cooperantes galegos, excluíndose os impostos da operación (actos xurídicos documentados), para o que se efectuará unha distribución dos aranceis satisfeitos rateándoos en función do número de participantes finais e/ou participación no capital da fórmula asociativa elixida.

c) Os gastos externos por viaxe (desprazamentos interurbanos en transporte público -avión e tren- e aloxamento) debidamente xustificados, directamente relacionados co proxecto de cooperación, en que incorra o persoal directivo da empresa ou ben o persoal técnico directamente adscrito ó proxecto.

d) Os gastos en materiais, mostras, ensaios, con fins demostrativos, necesarios para a formalización do acordo, establecéndose un límite máximo subvencionable por este concepto do 10% dos gastos totais aprobados. Para a xustificación destes gastos será suficiente coa aportación dunha declaración xurada da empresa, emitida polo seu supremo órgano de dirección.

Os gastos de difusión, documentación, edición, en proxectos de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación, en que incorran os organismos intermedios recollidos no artigo 2 da presente orde.

A xustificación dos gastos anteriores presentarase xunto coa solicitude de cobro da subvención, mediante a aportación das correspondentes facturas, billetes, tarxetas de embarque, medios de pagamento e cargo en conta bancaria, coa salvedade dos correspondentes ó apartado d) que se xustificarán mediante a declaración xurada escrita. Así mesmo no caso de gastos externos de consultoría, deberá aportarse copia do traballo de natureza técnica, xurídica e económica efectuado.

B) Non serán considerados subvencionables.

a) Os gastos de funcionamento.

b) Os investimentos en activos fixos.

c) Os gastos de desenvolvemento da actividade resultante do acordo de cooperación.

d) Os gastos de persoal.

e) O IVE satisfeito por adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

f) Os gastos financeiros.

4. Contía da subvención.

Ata un máximo do 50% dos gastos subvencionables do proxecto cando o solicitante sexa unha pequena ou mediana empresa e ata o 75% nos proxectos promovidos por organismos intermedios.

5. Criterios para a concesión das axudas.

Para a cualificación do proxecto como incentivable e a determinación da contía da axuda teranse en conta os seguintes criterios:

a) O grao de maduración e definición do proxecto: as solicitudes de axuda deberán referirse a proxectos de cooperación cun mínimo grao de maduración, polo menos no que se refire á idea de proxecto ou negocio empresarial, ámbito xeográfico de desenvolvemento e incidencia del na competitividade das empresas intervenientes.

b) Os efectos e vantaxes derivadas do proxecto de cooperación: o proxecto deberá ser unha fonte de vantaxes competitivas claras para as empresas beneficiarias, atendendo a factores tales como a congruencia de obxectivos, a complementariedade nos recursos e o risco asociado a cada empresa.

c) O grao de cooperación que se prevé acadar e as garantías de estabilidade, primándose a maior integración e a creación de alianzas estratéxicas e a súa estabilidade no tempo.

d) O número de participantes.

e) O grao de viabilidade técnico-económica do proxecto.

f) Os recursos humanos e técnicos utilizados.

g) A experiencia dos promotores.

h) O interese do proxecto, o seu impacto previsible, así como o ámbito sectorial e xeográfico de actuación. Para estes efectos valoraranse de forma especial os proxectos de cooperación que se centren no ámbito da expansión exterior da empresa galega, no marco dun proceso de penetración ou expansión internacional que a empresa pretenda realizar, xa sexa a través de consorcios de exportación, filiais comerciais de capital mixto con socios locais, sociedades mixtas fabrís no estranxeiro, acordos internacionais de licencia ou de distribución exclusiva. En ningún caso serán subvencionables aqueles proxectos dos que a finalidade sexa a sustitución da actividade principal desenvolvida en Galicia por outra actividade similar no exterior.

i) As accións de dinamización dirixidas á cooperación entre empresas de reducida dimensión.

j) Previsión de incremento de emprego derivado do acordo de cooperación.

k) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

l) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

6. Tramitación.

Xunto co impreso de solicitude relativa ó proxecto de cooperación deberá presentarse a documentación requerida no Art. 5 da presente orde correspondente a cada unha dos partícipes no proxecto e, ademais, un documento de compromiso ante o Igape, asinado polos representantes das empresas que vaian participar no proxecto e se atopen identificadas, de realización das accións previstas no proxecto de cooperación.

Respecto á memoria descritiva do proxecto a que se refire o Art. 5.1, apartado 7) da presente orde, esta deberá ser asinada por tódolos representantes das empresas cooperantes, e nela faranse constar como mínimo, os seguintes extremos:

Antecedentes e descrición das entidades participantes.

Descrición detallada do proxecto de cooperación, con indicación da súa xustificación, obxectivos, prazos de execución e avaliación da súa posible incidencia na competitividade das empresas intervenientes.

Estudio de viabilidade técnico-económica do proxecto.

Orzamento desglosado dos gastos subvencionables en que se prevé incorrer por cada unha das entidades participantes e o seu importe totalizado, con identificación suficiente das diferentes partidas de gasto para cada unha das etapas do proceso de cooperación, correspondentes ó ano natural para o que se solicita a axuda, así como, se é o caso, dos previstos para o próximo exercicio.

7. Resolución e pagamento da axuda.

A resolución dictada para cada proxecto de cooperación será única e recollerá como beneficiarios conxuntamente a tódolos solicitantes da axuda. A resolución estará referida ó importe total máximo de gastos subvencionables e deberá ser aceptada por tódolos solicitantes.

A resolución establecerá a automática reducción á metade da porcentaxe de subvención aprobada nos casos en que pese a ter acreditado os beneficiarios a realización das accións de cooperación aprobadas, esta non cristalicen na subscrición do contrato ou acordo de colaboración entre as partes.

8. Xustificación e pagamento.

O correspondente contrato ou acordo de cooperación deberá ser formalizado, se é o caso, antes do 15 de novembro de 1998, data na que deberá estar xustificada ante o Igape a subscrición del entre as empresas intervenientes a través da modalidade asociativa elixida. Noutro caso será de aplicación o previsto no parágrafo segundo do punto 7 anterior.

Unha vez formalizado o contrato ou acordo de cooperación e sempre antes do 15 de novembro de 1998, cada un dos beneficiarios partícipes no proxecto presentará individualmente a súa solicitude de cobro, debendo acompaña-los documentos que xustifiquen

a realización dos gastos subvencionables, efectuando o Igape o seu aboamento de forma simultánea a cada unha das empresas beneficiarias en función dos gastos por estas xustificados e sen que no conxunto se poida supera-lo importe total máximo de gastos subvencionables establecido na resolución de concesión, nin o correspondente a cada partida de gasto. Noutro caso efectuarase un rateo entre tódalas solicitudes de cobro.

A porcentaxe de subvención aprobada aplicarase sobre o importe de gastos subvencionables efectivamente xustificado, con independencia de que dito importe sexa inferior ó teito máximo establecido na resolución.

2. Programa de promoción de servicios de información.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios referidos no Art. 2 da presente orde que presten habitualmente servicios de información e/ou asesoramento ás empresas.

2. Obxecto das axudas.

As axudas outorgaranse para facilita-las actuacións que, apoiándose en redes telemáticas, promovan e potencien a prestación de servicios avanzados de información empresarial, o importe da subvención deberá reducir sensiblemente o custo para a PEME dos productos e/ou servicios de información xerados polo proxecto.

Subvencionaranse proxectos dirixidos a:

a) Fomentar e crear redes de información que faciliten o acceso da PEME á información electrónica.

b) Renovar e amplia-la oferta informativa mediante a inclusión de productos e servicios de interese para a PEME, que poidan ser incorporados e distribuídos a través dos sistemas de información da dirección xeral de política da PEME ou do sistema IGATEL do Igape.

c) Promove-la formación en tecnoloxías da información e a súa utilización nas PEMES.

d) Potencia-la calidade dos servicios de información prestados ás PEMES.

3. Contía da subvención.

A contía da subvención será como máximo o 75 por 100 dos gastos.

4. Criterios para a concesión das axudas.

Os criterios que se consideran para a concesión das subvencións, serán os seguintes:

a) Dispoñer de soportes informáticos e de comunicacións adaptados ás consultas a bancos de datos e á difusión da información.

b) Que os contidos informativos sexan relevantes para as empresas; teñan adecuado nivel de actualización e instrumenten os necesarios controis de calidade.

c) Que os proxectos sexan tecnicamente factibles, se baseen e utilicen tecnoloxías xa implantadas no mercado (non I+D) e poidan ser distribuídos a través das plataformas e dispoñibles no sistema de información da dirección xeral de política da PEME ou do sistema IGATEL do Igape.

d) Que os productos/servicios resolvan necesidades reais das PEMES, e teñan ampla demanda.

e) Que a solvencia financeira dos solicitantes sexa acorde coa envergadura do proxecto.

f) Que supoña para as PEMES a adquisición de tecnoloxías de información e/ou unha diminución das barreiras tecnolóxicas de acceso ás grandes redes de información.

g) Que ofrezan un efecto multiplicador e impliquen unha prestación conxunta de servicios de información.

h) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

i) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

j) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

5. Gastos subvencionables.

A) Considéranse subvencionables os seguintes tipos de gasto abonados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto, que non poderá supera-lo 15 de novembro de 1998.

a) Equipamento permanente (, e desenvolvemento de aplicacións específicas en sistemas abertos e segundo estándares do mercado):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 5.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 15% dos gastos totais subvencionables. Exclúese a adquisición de equipamento hardware e software ofimático estándar ou de uso non específico para o proxecto.

b) Adquisición e tratamento da información (localización, captura e tratamento da información, subscrición a revistas, boletíns, bases de datos, -versión en castelán, garantía de -):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 80 por 100.

2º Subvención máxima: ata 16.500.000 pesetas.

c) Comunicacións (redes públicas -rdsi, rtc, iberpac, etc.-, internet, infovia):

1º Porcentaxe de subvención: ata 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 1.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 10% dos gastos totais subvencionables.

d) Consumibles (material informático, material de oficina):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 5.000.000 de pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 5% dos gastos totais subvencionables.

e) Servicios externos:

1º Porcentaxe de subvención: ata o 80 por 100.

2º Subvención máxima: ata 16.500.000 pesetas.

f) Viaxes (desprazamentos interurbanos -avión turista, tren, coche propio- e aloxamento):

1º Porcentaxe de subvención: ata o 50 por 100.

2º Subvención máxima: ata 1.500.000 pesetas.

O gasto subvencionable por este concepto non excederá o 5% dos gastos totais subvencionables.

B) Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de persoal.

b) O IVE satisfeito por adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

c) Os gastos financeiros.

3. Programa de deseño.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas e os organismos intermedios referidos no Art. 2 da presente orde.

2. Obxecto das axudas.

Poderán ser obxecto de axuda, os proxectos que teñan como fin a incorporación, asimilación ou aplicación de técnicas innovadoras e/ou de deseño na PEME para mellora-la súa competitividade. Exclúense os proxectos de deseño industrial.

Os proxectos deberán ser presentados como medidas globais para a súa aplicación á empresa, e ir asociados a unha estratexia de innovación claramente definida.

As axudas irán destinadas a financiar proxectos orientados a:

a) Incorpora-los servicios de deseño orientados á comunicación do producto e/ou a empresa no desenvolvemento de proxectos empresariais.

b) Integrar técnicas e metodoloxía de deseño en proxectos de desenvolvemento local ou zonal.

c) Aplica-lo deseño e a innovación á implantación de franqías ou outros métodos especializados de comercialización.

d) En xeral, apoiar proxectos de deseño que teñan como fin a mellora e comercialización de productos e servicios novos ou preexistentes, envases, embalaxes, elementos de comunicación comercial, deseño do punto de venda, identidade corporativa, xeración de marca, auditorías de deseño, ou outras similares.

e) Apoia-la incorporación de técnicas e procedementos de innovación nos procesos de distribución e comercialización de productos e servicios, así como a aplicación de métodos innovadores de xestión, ó obxecto de mellora-la competitividade das pequenas e medianas empresas.

f) A realización de accións de formación que teñen como seu fin favorece-la innovación empresarial a través das metodoloxías de deseño e comercialización de productos e servicios, dirixidas ó persoal das empresas e dos organismos intermedios.

g) O desenvolvemento de proxectos dirixidos a difundir, promocionar e sensibilizar a empresarios e consumidores sobre a importancia do deseño e a innovación para mellora-la competitividade empresarial e de adaptación ás esixencias cambiantes dos mercados.

3. Contía da subvención.

Os límites máximos de axuda que poden concederse son os seguintes:

Para os proxectos desenvolvidos polas pequenas e medianas empresas ata o 50 por 100 da base subvencionable, sen que poida supera-la cifra de 16.500.000 pesetas.

Para os proxectos desenvolvidos por organismos intermedios, ata o 75 por 100 da base subvencionable.

4. Criterios para a concesión das axudas.

As solicitudes presentadas serán avaliadas tendo en conta, basicamente, os seguintes criterios:

a) O grao de maduración e definición do proxecto.

b) A viabilidade técnico-económica do proxecto.

c) O carácter innovador do proxecto.

d) A adquisición e incorporación de servicios e persoal de deseño.

e) A estructura empresarial do solicitante, tamaño, recursos, productos, rede comercial, etc.

f) O interese e impacto previsible do proxecto no contorno empresarial, sectorial ou de mercado.

g) Adaptación a normativas legais en materias de: seguridade industrial, calidade, medioambientais, etc., tanto referidos ó producto, como ó envase e embalaxe, etiquetado, etc.

h) Relación do proxecto coa estratexia da empresa.

i) O número de empresas participantes no proxecto.

j) Colaboracións externas nas fases de deseño.

k) O número de proxectos presentados ás diversas liñas de apoio reguladas no presente real decreto.

l) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

m) O esforzo adicional que represente para a entidade a realización do proxecto.

n) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

ñ) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

5. Gastos subvencionables.

A) Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gasto aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto, que non poderá supera-lo 15 de novembro de 1998.

a) Gastos externos de consultoría.

b) Gastos de rexistro de debuxos, patentes e marcas.

c) Gastos externos de deseño e maquetas.

d) Gastos externos e de deseño gráfico asociados ó envase e embalaxe, identidade corporativa, marcas, etiquetados, e elementos de comunicación comercial.

e) Investimentos en equipos e técnicas asociados ó proxecto.

f) Viaxes (desprazamentos interurbanos, avión turista, tren, coche propio e aloxamento).

g) Gastos de materiais de difusión, promoción e dinamización.

B) Non serán considerados subvencionables:

a) Os gastos de persoal.

b) O IVE satisfeito pola adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

c) Os gastos financeiros ocasionados polo desenvolvemento do proxecto.

4. Programa de redes de organismos intermedios de apoio á innovación.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios referidos no Art. 2 da presente orde que presten servicios de apoio en rede, entendéndose que prestan os ditos servicios cando compartan entre eles ou coas empresas a formulación, execución ou financiamento das actividades previstas nesta disposición, exceptuadas as de contido tecnolóxico-industrial.

2. Obxecto das axudas.

a) Asistencia a empresas para a realización de plans de acción ou posta en marcha de proxectos dirixidos fundamentalmente a implanta-los mecanismos asociados á xestión da innovación ou á mellora da competitividade na empresa.

b) Realización de proxectos piloto de innovación ou de demostración nos que participen empresas de distintas comunidades autónomas.

c) Difusión de ideas, experiencias, mellores prácticas, resultados e técnicas relacionadas coa xestión da innovación, incluíndo accións de formación conxunta neste ámbito que potencien os recursos humanos das PEMES e/ou dos organismos intermedios.

d) Desenvolvemento de procesos de transferencia externa de coñecementos distintos da difusión dirixidos a facilitar ás PEMES o desenvolvemento e a comercialización de servicios innovadores.

e) Estudio e posta en marcha de sistemas de alerta comercial e tecnolóxica en sectores de interese, que axuden á mellor formulación de estratexidas e plans comerciais e tecnolóxicos das PEMES.

f) Apoio para a realización de estudios de viabilidade técnica e económica de novos organismos intermedios, así como estudios destinados a reestructurar, racionalizar ou reorientar estratexicamente ós existentes.

g) Apoio para a realización de estudios con obxecto de incorpora-la innovación na estratexia dos organismos intermedios.

h) Apoio á integración de organismos intermedios en organizacións supranacionais.

3. Contía da subvención.

A porcentaxe de axuda prevista será de ata un 75 por 100 dos gastos subvencionables realizados polo promotor e os participantes.

4. Criterios para a concesión das axudas.

Para as empresas:

a) Capacidade técnica e económica demostrada para desenvolve-lo proxecto.

b) Impacto no contorno empresarial ou sectorial no que se localice a empresa.

c) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

d) A prevision de incremento de emprego derivado do proxecto.

B) Para os organismos intermedios:

a) Capacidade técnica probada.

b) Experiencia en realización de proxectos con PEME.

c) Grao de especialización en relación coa materia obxecto do proxecto.

d) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

e) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

f) Serán prioritarios os proxectos presentados por organizacións empresariais.

C) Para o proxecto:

a) O seu carácter intersectorial.

b) O número de participantes e potenciais beneficiarios del.

c) O beneficio potencial para as zonas menos desenvolvidas.

5. Gastos subvencionables.

A) Considéranse subvencionables os seguintes tipos de gasto aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto, que non poderá supera-lo 15 de novembro de 1998.

a) Os gastos de amortización de equipamentos e os equipos informáticos, necesarios para a realización do proxecto e proporcionalmente á súa dedicación a el.

b) Os gastos de colaboracións externas (consultoría, formación, xestoría, etc.).

c) Os gastos de viaxes (desprazamentos interurbanos -avión turista, tren, coche propio- e aloxamento).

d) Os gastos de materiais funxibles.

e) Os gastos de promoción e difusión relativos ó proxecto.

B) Non serán considerados subvencionables:

a) O alugueiro de locais.

b) As obras de acondicionamento de locais ou instalacións.

c) A adquisición de soares ou edificios.

d) O IVE satisfeito pola adquisición de bens ou servicios, agás cando se trate de entidades acollidas ó réxime de exención do dito imposto.

e) Os gastos financeiros ocasionados polo desenvolvemento do proxecto.

f) Os gastos de persoal.

5. Programa de financiamento.

1. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas referidas no artigo 2 da presente orde.

2. Obxecto da axuda.

O obxecto da subvención é facilitar ás PEMES o acceso ás distintas fontes de financiamento, abarata-lo seu custo e mellora-la súa estructura económico-financeira.

3. Préstamos subvencionables.

Poderán acollerse a este programa as operacións financeiras da Liña PEMES do ICO para rexións obxectivo I, as operacións financeiras dos convenios subscritos polas sociedades de garantía recíproca con entidades de crédito e aquelas operacións concertadas con outras entidades de crédito sempre e

cando teñan un custo financeiro non superior ó destas últimas.

As operacións financeiras susceptibles de ser bonificadas enmárcanse nas seguintes liñas:

Préstamos avalados para investimentos.

Préstamos avalados para reestructuración financeira.

4. Préstamos avalados para investimentos.

Subvencionarase o tipo de xuro dos préstamos destinados á adquisición de activos fixos vinculados a un plan estratéxico destinado a mellora-la competitividade da empresa.

A) Requisitos:

a) Deberán contar co aval dunha sociedade de garantía recíproca galega legalmente constituída.

b) Os investimentos materializaranse en activos fixos novos dirixidos a mellora-la súa competitividade cos seguintes límites: ata o 80 por cento do investimento en inmobles e ata o 20 por cento do investimento en activos inmateriais. Poderán ser subvencionables os investimentos que se realicen ou se realizasen despois do 1 de xaneiro de 1997 que cumpran co disposto nestas bases.

c) O importe do préstamo con bonificación de xuros non poderá supera-lo 70 por cento do investimento subvencionable, o que se determinará excluíndo o IVE e outros impostos do custo de adquisición. O importe máximo do préstamo será de 50 millóns de pesetas, salvo que se trate dunha operación coavalada por máis dunha sociedade de garantía recíproca, no dito caso poderá chegar ata 100 millóns de pesetas. En ningún caso o importe do préstamo será superior ó importe de investimento pendente de pagamento.

d) O prazo de amortización do préstamo, a elección do beneficiario, poderá ser de cinco anos dos que o primeiro será de carencia de amortización do principal, ou de sete anos, nos que o período de carencia será de dous anos. As amortizacións, unha vez rematado o período de carencia, serán semestrais, coincidindo coas datas de liquidación de xuros.

B) Contía e aboamento da subvención: os apoios financeiros para abarata-lo custo das operacións de préstamos avalados para investimentos serán, como máximo, de tres puntos porcentuais do tipo de xuro nominal anual.

O importe das axudas concedidas non reducirá os tipos de xuros por debaixo do índice de prezos ó consumo referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude.

As subvencións que se concedan reducirán o principal da débeda e serán aboadas ó beneficiario dunha soa vez para toda a vida do préstamo na conta corrente do banco prestamista.

C) Criterios para a concesión das axudas:

a) O volume de investimento realizado en activos fixos non inmobiliarios.

b) A previsión de incremento de emprego derivado dos investimentos a realizar.

c) A mellora da competitivade inducida co investimento.

d) O tipo de xuro máis reducido que se aplique.

e) O volume de axudas públicas concorrentes no potencial beneficiario.

5. Préstamos avalados para reestructuración financeira.

Subvencionaranse os xuros dos préstamos concedidos polas entidades de crédito destinados a reestructura-lo pasivo bancario a curto prazo do beneficiario.

A) Requisitos:

a) Deberán contar co aval dunha sociedade de garantía recíproca galega previamente autorizada polo Ministerio de Economía e Facenda.

b) Deberá xustificarse que a viabilidade técnico-económica da empresa está condicionada polo custo actual dos recursos alleos e pola súa estructura financeira.

c) Deberá acreditarse que se alongan os períodos de amortización do financiamento coa que contase previamente a PEME e que se logra unha diminución do seu custo.

d) O prazo de amortización do préstamo estará comprendido entre catro e sete anos, sen período de carencia. As amortizacións serán semestrais, coincidindo coas datas de liquidación de xuros.

e) O importe máximo do préstamo será de 50 millóns de pesetas, salvo que se trate dunha operación coavalada por máis dunha sociedade de garantía recíproca, no dito caso poderá chegar ata 100 millóns de pesetas.

f) Considerarase pasivo a curto prazo, para os efectos desta convocatoria, os préstamos, créditos ou contratos de leasing con vencemento non superior a un ano desde a data de presentación da solicitude de axuda ou, en caso de ter vencemento superior, o importe das amortizacións que se vaian a realizar no prazo dun ano a partir desa data.

B) Contía e aboamento da subvención.- Os apoios financeiros para abarata-lo custo das operacións de préstamos avalados para reestructuración de pasivos serán, como máximo, de tres puntos porcentuais do tipo de xuro nominal anual.

O importe das axudas concedidas non reducirá os tipos de xuros por debaixo do índice de prezos ó consumo referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude.

As subvencións que se concedan reducirán o principal da débeda e serán aboadas ó beneficiario dunha

soa vez para toda a vida do préstamo na conta corrente do banco prestamista.

C) Criterios para a concesión das axudas:

a) Incremento real do prazo de amortización dos préstamos vixentes.

b) Reducción efectiva do custo dos préstamos actuais.

c) Previsión de incremento de emprego.

d) Previsión de cash-flow xerado.

6. Incompatibilidade.

As axudas establecidas neste programa serán incompatibles co desfrute doutra subsidiación de xuros para a mesma operación de préstamo, e en especial coa recollida nos convenios de apoio financeiro a PEMES subscritos polo Igape coas entidades de crédito.

A subvención do FEDER que leva aparellada a Liña PEMES do ICO nas rexións obxectivo I será compatible coa establecida nestas bases sempre que conxuntamente non superen o importe máximo total de axuda de mínimis fixado pola Unión Europea.

Así mesmo estas axudas serán compatibles con calqueraoutra axuda pública para o mesmo proxecto a excepción das indicadas no parágrafo primeiro do presente apartado, sen que en ningún caso poidan superarse os límites máximos de axuda establecidos pola Unión Europea.

7. Tramitación.

As solicitudes presentaranse, por triplicado exemplar, ás sociedades de garantía recíproca, utilizando o formulario: Programa de apoio ó financiamento que se publicará no DOG, acompañado da documentación indicada no artigo 5.1 da presente orde e, ademais:

-Certificación de concesión de aval por unha Sociedade de Garantía Recíproca domiciliada en Galicia.

-Declaración xurada de postos de traballo que se vai manter e/ou crear.

Nas solicitudes de préstamos para investimentos xuntarase:

-Memoria descritiva do proxecto de investimento na que se esixirá que este sexa consecuente cunha estratexia empresarial orientada a mellora-la súa competitividade.

Nas solicitudes de préstamos para reestructura pasivos xuntarase:

-Plan de cancelación de pasivos asinado polo solicitante no que se indiquen as características dos pasivos que se van a cancelar, o titular da débeda, a súa contía e data de vencemento teórico da operación.

-Diagnóstico e plan estratéxico, asinado pola empresa, de viabilidade técnica, económica e finan

ceira a longo prazo da empresa despois do restablecemento do seu equilibrio financeiro.

A sociedade de garantía recíproca remitirá ó Igape a solicitude xunto coa documentación acompañada.

En todo caso, o Igape poderá solicitar cantos documentos e información adicional considere oportuna para unha correcta análise da solicitude.

8. Concesión da axuda.

A resolución de concesión conterá os puntos de subvención máximos a conceder tendo en conta o tipo de xuro da operación e o tipo mínimo resultante, que non será inferior ó índice de prezos ó consumo, referido ó acumulado anual do mes anterior á presentación da solicitude. A concesión da axuda notificarase ó interesado e á sociedade de garantía recíproca avalista.

9. Formalización.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo entre a entidade financeira e o beneficiario terá que formalizarse con data posterior á da resolución de concesión da axuda, e deberá recolle-la mención de que o préstamo está subvencionado con cargo á Iniciativa PEME e que este programa está cofinanciado pola Administración Xeral do Estado e a Unión Europea. No documento de préstamo deberá figurar tamén o compromiso de destina-lo importe da axuda, no momento en que se reciba, á amortización anticipada do préstamo. A sociedade de garantía recíproca avalista remitirá ó Igape fotocopia da dita póliza ou escritura de préstamo coa maior brevidade posible.

10. Xustificación.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar ante a sociedade de garantía recíproca avalista a disposición dos fondos da operación financeira subsidiada e a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedida, de acordo, co seguinte:

a) Préstamos avalados para investimentos: a sociedade de garantía recíproca esixirá ós beneficiarios a presentación de copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) e dos documentos xustificativos do pagamento (transferencias bancarias, cheques, etc.). A sociedade de garantía recíproca remitirá ó Igape esta documentación certificando ademais a xustificación dos investimentos. Esta certificación deberá conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e das disposicións do préstamo realizadas.

Préstamos avalados para reestructuración de pasivos: a sociedade de garantía recíproca esixirá ós beneficiarios a presentación de copias cotexadas dos documentos que xustifiquen as disposicións do préstamo e as paralelas cancelacións e amortizacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos aprobado. A sociedade de garan

tía recíproca remitirá ó Igape esta documentación certificando ademais a xustificación da utilización dos fondos para esta finalidade.

O prazo máximo improrrogable de que dispón o beneficiario para a realización e xustificación do proxecto ante as sociedades de garantía recíproca será o 30 de setembro de 1998. As sociedades de garantía recíproca disporán, como máximo, ata o 31 de outubro de 1998 para presenta-la documentación e certificación de cumprimento ante o Igape.

En caso de realización parcial dos investimentos proxectados ou variacións sobre o importe dos pasivos a cancelar, procederase a unha revisión do proxecto para avalia-lo alcance do incumprimento, dando lugar segundo os casos a unha resolución do Igape que modifique a resolución de concesión ou a unha declaración de incumprimento total.

11. Pagamento da subvención.

A solicitude de cobro da subvención presentarase nas sociedades de garantía recíproca, que a remitirán ó Igape con posterioridade ou simultaneamente á remisión da documentación e certificación de xustificación de cumprimento a que se refire o punto anterior. Unha vez verificados os datos polo Igape, procederase ó pagamento da subvención dunha soa vez mediante ingreso por transferencia bancaria á conta corrente da entidade prestamista que indicase o beneficiario na solicitude de cobro. O Igape comunicará á sociedade de garantía recíproca o pagamento da subvención. A subvención irá destinada á amortización anticipada do préstamo, polo que, unha vez aplicada, deberá presentarse no Igape, a través da sociedade de garantía recíproca avalista, a xustificación da reducción do principal da débeda mediante documento bancario adecuado.

O valor actualizado da subvención para o pagamento calcularase de acordo coa seguinte fórmula R Tn/(1+i/2) e, onde «n» son semestres de vixencia, «Tn» a subsidiación do semestre e «i» o tipo de xuro legal do diñeiro.

7734