Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de corrección de erros na publicación da aprobación definitiva do plan especial de rexeneración do corredor natural do río Lagares.

Detectado erro no anuncio de aprobación definitiva do plan especial de rexeneración do corredor natural do río Lagares, publicado no BOP nº 178, do 16 de setembro de 1997, cómpre engadirlle á normativa publicada a seguinte disposición transitoria aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Vigo en sesión celebrada o 3 de xullo de 1997:

1. As industrias existentes, legalmente establecidas, no ámbito do PERCNRL quedan na seguinte situación:

a) As industrias existentes nas áras de protección (zonas de interese natural, zona de aptitude recrea

tiva e zonas de ribeiras e marxes) atópanse en situación de fóra de ordenación de acordo co disposto no artigo 3.2.4 do PXOU, non permitíndose ningunha obra de consolidación, aumento de volume, ampliación, modificación ou incremento do seu valor de expropiación.

b) Na mesma situación anterior atópanse as industrias existentes nas áreas de amortecemento de espacio rural agrícola e espacio rural forestal.

2. Nas industrias existentes nas áreas de amortecemento, de espacio residencial directo ou indirecto, e espacio industrial directo e indirecto, serán de aplicación as condicións de ampliación de naves existentes que figuran no apartado 3.4.5. f das normas urbanísticas do PXOU, coas precisións das normas particulares do PERCNRL.

Vigo, 25 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7757