Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do PERI 5 Paradela 1 (expediente 3496/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 31 de xullo de 1997, acordou aprobar definitivamente o Peri 5 Paradela 1, formulado por Antonio David Novoa García e redactado polos arquitectos Pena Fernández e Sáez Silva, con documentación visada polo COAGA o 26 de febreiro e 4 de novembro de 1996, composta de memoria, planos, ordenanzas reguladoras, plan de etapas e estudio económico-financeiro.

Polo presente anuncio faise saber que as normas urbanísticas do plan especial non sofren alteración ningunha respecto das contidas no vixente PXOU, e que no acordo de aprobación definitiva se incluíu a determinación seguinte. Establecerase con carácter obrigatorio acceso de peóns desde a vía pública á zona verde de parques e xardíns situada na zona posterior do aparcamento próximo ó cemiterio, realizándose a través do propio aparcamento xa que se trata dunha superficie de cesión. O dito acceso, dado o desnivel existente, realizarase mediante escaleiras e ramplas que deberán figurar no preceptivo estudio de detalle.

Vigo, 4 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia de Urbanismo

7559