Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 15 de setembro de 1997, aprobou inicialmente os proxectos de estudio de detalle e delimitación da unidade de xestión nº 19 (UX-19) no Campo de Santa Marta, promovidos por Inmobiliaria Domínguez Vázquez, S.A. e determinou como sistema de actuación o de compensación de propietario único.

O ámbito da unidade delimitada é o definitivo polos seguintes lindes:

Norte: ámbito do plan especial de reforma interior nº 3 (PERI-3), rúa do Campo de Santa Marta (nº 5 e 7) en medio.

Sur: estrada N-550 de Santiago de Compostela a Pontevedra, entre o nº 40 da rúa Santa Marta de Arriba e o grupo de vivendas unifamiliares da Choupana.

Leste: rúa Campo de Santa Marta.

Oeste: rúa Campo da Agra.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

7781