Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.008

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN HOSPITAL COMARCAL A BARBANZA

ACORDO do 6 de outubro de 1997 polo que se anuncia a contratación de persoal da Fundación Hospital Comarcal A Barbanza, de conformidade cos perfís que se citan.

1. Director administrativo.

Formación: titulado superior en economía, dereito, enxeñería...

Requírese experiencia na área de recursos humanos, e mesmo na área económico-administrativa de hospital, empresa ou fundación.

2. Coordinación asistencial.

Formación: titulado superior ou medio en ciencias da saúde.

Requírese experiencia no ámbito asistencial e tamén na área de dirección hospitalaria, así como na dirección de equipos de traballo.

Os interesados deberán enviar currículum vitae completo, debidamente xustificado, ó apartado de correos nº 2246 de Santiago de Compostela, dirixido ó presidente do padroado, no prazo máximo de dez días naturais, contados desde a publicación deste acordo, con indicación do posto ó que se opta.

Ribeira, 6 de outubro de 1997.

Ignacio Martínez González

Presidente do Padroado da Fundación Hospital Comarcal A Barbanza