Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación San Julián, número 5860.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que por Resolución de 30 de xuño de 1997 foi outorgado o permiso de investigación San Julián, número 5860 de 6 cuadrículas mineiras para recursos de cuarcita ornamental, que se sitúa no concello de Quiroga, da provincia de Lugo.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 1 de setembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

97-7562