Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 97/613).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Padronesa Industrial de Curtidos, S.A., con domicilio social no lugar da Matanza. Concello de Padrón, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación seguinte:

-Planta de coxeración grupo «d» composta polos seguintes elementos: un motor de combustión interna

de gasóleo-fuel (convertible en gas natural) de 5445 Kwm de potencia. Un de 5300 kVA, factor de potencia 0,98 tensión de xeración 6 kV e potencia activa 5227 kW. Un centro de transformación con relación de transformación 20/6 kV. Un centro de transformación con relación de transformación 6/0,4 kV. Instalacións de conexión á rede eléctrica de almacenamento de combustible, de protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai situa-la instalación: factoría da empresa no lugar da Matanza. Concello de Padrón (A Coruña).

Orzamento: 292.500.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos. 15071-A Coruña.

A Coruña, 8 de outubro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7038