Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Corme-G3.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 10 de xullo de 1997, por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declara-lo Plan Eólico de Galicia como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3. da citada lei, ó teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal someteranse durante o prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial do parque eólico denominado Corme G-3 declarado de incidencia supramunicipal polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xullo de 1997, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do dito prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial do parque eólico na Dirección Xeral de Industria e presentar ante esta dirección xeral as alegacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7778