Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento do prezo xusto por imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52751).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación provincial acorda sinala-lo día 21 de outubro de 1997, ás 12.30 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., proceda nas oficinas da Casa Consistorial de Ordes ós pagamentos dos prezos xustos e xuros, por imposición de servidumes de paso das instalacións da liña eléctrica a 66 kV desde a subestación de Mesón do Vento á subestación de Carballo (expediente 52751), ós intere

sados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados ós que se lles dirixirá notificación individual para o efectos.

A Coruña, 16 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7754