Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos espacios naturais do expediente sancionador C-25/96 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre

conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e do 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a esta publicación, poderá interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.596 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). Se non se fai dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de se tratar de utensilios de uso lícito, poderase obter logo de paga-la contía total da sanción e a indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 16 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-25/96.

Denunciado: Jesús Mougan Pintos.

Último enderezo coñecido: Tremoedo, 48 Vilanova.

Feito denunciado: tenza non autorizada de furóns con fins de comercialización o día 13 de decembro de 1996, no termo municipal de Vilanova.

Precepto infrinxido: Art. 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre en relación co Art. 7 do R.D. 1095/1989.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 100.000 ptas.

7481