Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/158-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Maderas Montero, S.L.

Enderezo social: barrio da Pousa, 36493 Crecente.

Denominación: central de coxeración no barrio da Pousa.

Situación: concello de Crecente.

Descricións técnicas: central de coxeración composta por un grupo motoxerador de 1.225 kVA, 400 V, e un sistema de recuperación da calor consistente nunha caldeira acuotubular para 390,4 kW e un intercambiador de placas. Equipo auxiliar composto por 2 depósitos de 25 m para o combustible. Centro de distribución cun transformador de 1.600 kVA, aparellos, sistema conexión, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6968