Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, Of. 2, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. xeneral Salvaterra-Salceda, treito Lagoa-Cabreira.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 3.611 m de lonxitude, con conductor LA-180, sobre apoios metálicos, desde o apoio 12 da L.M.T. existente no barrio de Lagoa ata o apoio 40 da mesma liña en Cabreira, onde entroncan as liñas de Alxán, Granxa e Cabreira-Laxe. Concello de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6961