Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 97/3-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de productores eléctricos,

creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, dunha planta de coxeración, que ten como características principais as seguintes:

a) Peticionario: Cerámica Xunqueira, S.A., NIF número A-32.019.630, con domicilio social en Veigachá, s/n; Xunqueira de Espadañedo, 32708 Ourense.

b) Emprazamento: Veigachá-Xunqueira de Espadañedo (Ourense).

c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, para un mellor aproveitamento enerxético da factoría.

d) Equipamento: 3 grupos moto-xeradores, con motor alternativo alimentado por gas-oil de 1.580 kV de potencia por unidade, 1500 r.p.m.; xerador de 1.666 kVA/unidade, Cos º=0.9, cunha tensión de xeración de 6 kV e 50 Hz de frecuencia. Transformador de potencia de 5.000 kVA, grupo de conexión Dyn 11 r.d.t. 20/6 kV; transformador para servicios auxiliares de 316 kVA do mesmo grupo de conexión, e r.d.t. 20/0,380 kV. Intercambiadores de calor para o quentamento do aire de aportación ó secadeiro a partir do circuíto de refrixeración dos motores e do vapor xerador; dous depósitos de almacenamento de combustible de 60.000 litros/u. e 3 de 1.000 litros. Aparellos eléctricos de manobra, medida e intercoñexión coa rede de distribución.

e) Orzamento: 305.000.000 de ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1-4º de Ourense, e, de se-lo caso formular, no prazo de trinta días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, as reclamacións oportunas.

Ourense, 3 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7750