Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. en Bembibre.
Situación: Val do Dubra.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x95) mm Al, de 265 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Taboada (expediente 51785) e final no C.T. que se vai instalar denominado Bembibre.
Centro de transformación, tipo caseta, de 400 kVA e tensión de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 465 m de lonxitude. Val do Dubra.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 28 de agosto de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7387