Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/245-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S., rúa María Pita.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 275 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. A Fonte da Horta e Piensos do Sil (expediente 33025) e final no C.T. tipo interior de 250 kVA na rúa María Pita. Concello de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7386