Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/230-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. Ponte Freixeiro (polígono I).

Situación: concello de Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea. A 20 kV, de 224 m de lonxitude. A L.M.T. aérea, de 209 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón, desde o apoio s/n da L.M.T. Gaxín-Soutelo, rematando no paso aéreo subterráneo da L.M.T. ó C.T. de Ponte Freixeiro, concello de Forcarei. A L.M.T., subterránea de

15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 65 m de lonxitude. A R.B.T. aérea, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón. A R.B.T., subterránea, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7385