Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. C.T. Maristas, C.T. Santa Isabel II.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 485 m de lonxitude, que parte do C.T. chamado Maristas (expediente 15881) e final no C.T. nomeado Santa Isabel II (expediente 213/95). Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 28 de agosto de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7363