Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.911

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (173/1993).

Xuízo declarativo de menor contía, asunto 173/1993. Para lle dar cumprimento ó que dispuxo a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, polo presente edicto faise público que, cumprido o que se acordou no xuízo declarativo de menor contía número 173/1993, por instancia do BBV Leasing, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, contra Construcciones Nicanor Vidal, S.A. e outros, sácanse a poxa pública polas veces que logo se dirán e polo termo de vinte días cada unha delas, os bens que se relacionen ó final.

A poxa terá lugar na sala de audiencias deste xulgado por primeira vez o día 17 de novembro de 1997, ás 12 horas, tipo taxación. Se non concorren licitadores, sinálase para a segunda vez o día 22 de decembro, ás 12 horas, servindo de tipo a devandita taxación coa rebaixa do 25%. Se non houbere licitadores nela, sinálase por terceira vez, sen suxeición a tipo, o día 19 de xaneiro de 1998, ás 12 horas.

Condicións.

Primeira.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo que corresponda en cada poxa, e se é o caso, en canto á terceira, admitiranse sen suxeición a tipo.

Segunda.-Para tomar parte nas poxas, os licitadores deberán consignar previamente o 20% do tipo correspondente, requisito sen o que non serán admitidos, salvante o dereito que ten a parte actora en tódolos casos, de concorrer á poxa sen verifica-los devanditos depósitos.

Terceira.-Poderanse facer ofertas por escrito, desde a publicación do presente edicto ata que teña lugar a poxa da que se trate, depositando na mesa do xulgado o importe da expresada consignación previa.

Cuarta.-Só o executante poderá face-la oferta en calidade de cederlle o remate a unha terceira persoa.

Bens obxecto da poxa.

Escavadora hidráulica sobre rodas, marca Guria, modelo 520-B, equipada con brazo monobloque balancín de 2 metros e instalación de martelo K-1900, chasis G-163244, motor número FGL-91317363492.

Valoración: en 6.000.000 de ptas.

Martelo Korota K-1900, valorado en 1.500.000 ptas.

Esta publicación serve de notificación para os demandados en paradoiro descoñecido.

Ordes, 25 de setembro de 997-

O secretario

Rubricado

97-7309