Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.911

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (85/1997).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 85/1997, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Píccoli, contra Juan Andrés Pampín Casal, María del Pilar Pampín Vidal, Manuel Pampín Casal, María Anuncia Tacón Santos, Ramón Pampín Casal e Gloria Santos Vázquez, nos que por resolución desta data acordou sacar á venda en poxa pública o inmoble que ó final se describirá, do que o remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, situado na rúa Lugo, 42-44, de Arzúa, na seguinte forma:

En primeira poxa o vindeiro día 7 de novembro do ano que corre, ás dez horas da mañá, para a que servirá de tipo o que se pactou na escritura de hipoteca, que ascende á cantidade de 23.086.875 ptas.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o vindeiro día 1 de decembro, ás dez horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen os bens en ningunha das anteriores, o vindeiro día 29 de decembro de 1997, ás dez horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa, en primeira nin en segunda, e só o executante poderá cederlle o remate a terceiros.

2. Os que queiran tomar parte na poxa, bardante o acredor executante, deberán consignar previamente na entidade Banco Bilbao Vizcaya, S.A., axencia urbana da rúa Ramón Franco, 22, número de clave de oficina 1475, conta de consignacións e depósitos do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, conta número 1510 0000 18 85 97, polo menos o 20% do tipo expresado, requisito sen o que non serán admitidos a licitación.

3. A poxa terá lugar na forma de poxas abertas, aínda que, ademais, ata o día sinalado para o remate poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado.

4. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría, entendéndose que

todo licitador acepta como suficiente a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expido o presente edicto para que se insira e publique nos boletíns oficiais que correspondan.

Arzúa, 26 de setembro de 1997.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa:

Resto do predio rexistral número 12.579. Labradío Riovello, de dezaseis áreas, setenta centiáreas, situado na parroquia e concello de Arzúa. Linda: norte, camiño; sur, predio de igual denominación, e parcela de María Eugenia Casal Rodríguez; leste, herdeiros de Cándido Moscoso, e en parte María Eugenia Casal Rodríguez; oeste, herdeiros de Jesús Costoya Ponte. Neste predio existen dúas naves dunha planta, adosadas entre si, con local de oficina anexo, ocupando o conxunto edificado unha superficie de planta de oitocentos oito metros cadrados.

No Rexistro da Propiedade de Arzúa, procede da rexistral no tomo 375, libro 99, folio 153, predio número 12.579.

7630