Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 12 de setembro de 1997, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito varios, en aval bancario 1377/1996, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito varios nº 1377/1996 do 12-12-1996, por importe de 4.798.998 ptas., constituído na Caixa de Depósitos desta delegación en aval bancario, garantindo a Construcciones Alea, S.L. e a disposición da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para responder dos aboamentos efectuados a conta por materiais acumulados nas obras de execución da obra de adaptación do edificio nº 6 para uso docente na escola de capacitación agraria Pedro Murias (Ribadeo-Lugo) X-3692 (EX-018), formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora na Delegación Territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contado desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade

do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 12 de setembro de 1997.

José Luis Cudeiro Villarino

Delegado provincial de Ourense

97-7310