Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

ACORDO do 17 de setembro de 1997 polo que se aproban os modelos de actas que van utiliza-las xuntas e as mesas electorais nas eleccións ó Parlamento de Galicia convocadas por decreto do presidente da Xunta de Galicia 225/1997, do 25 de agosto.

A Xunta Electoral Central, na súa sesión do día 17 de setembro de 1997, acordou, de conformidade co establecido no artigo 19.1.f) da Lei orgánica do réxime electoral xeral, e segundo a proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, aproba-los seguintes modelos de actas específicas que se van utilizar nas eleccións ó Parlamento de Galicia convocadas por decreto do presidente da Xunta de Galicia 225/1997, do 25 de agosto, e que van celebra-lo 19 de outubro de 1997:

-Acta de constitución da mesa electoral: anexo 1.

-Acta de escrutinio da mesa electoral: anexo 2.

-Acta de sesión: anexo 3.

-Acta de constitución da xunta para o escrutinio xeral: anexo 4.

-Acta de escrutinio: anexo 5.

-Acta das sesións do escrutinio: anexo 6.

-Acta de proclamación: anexo 7.

Pazo dos Congresos dos Diputados, 17 de setembro de 1997.

José Luis Albácar López

Presidente

7683