Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de outubro de 1997 pola que se lle dá publicidade á Resolución do 22 de setembro de 1997, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocada por resolución da dita dirección xeral do 11 de abril de 1997 (BOE do 7 de maio).

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 22 de setembro de 1997 da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por resolución da dita dirección xeral do 11 de abril de 1997 (BOE do 7 de maio), e o anexo correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 11 de abril de 1997, de acordo coa competencia atribuída a estas no Art. 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, logo do estudio conxunto das ditas resolucións, adxudicacións coincidentes a favor de idénticos concursantes; e en consecuencia levado a cabo por esta dirección xeral o preceptivo proceso de coordinación previsto no Art. 22.2º do citado real decreto co obxecto de evitar nomeamentos simultáneos a favor dun mesmo concursante.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

1. Elevar a definitivos os nomeamentos efectuados polas corporacións convocantes a favor dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, nos termos seguintes:

Comunidade Autónoma de Galicia.

-Secretaría categoría superior.

* Pontevedra.

Concello de Sanxenxo 3.650.001.

Bermúdez de Lapuente Villalba, Luis Mª. DNI 51.701.107.

-Intervención-Tesourería, categoría superior.

* Pontevedra.

Concello do Porriño 3.638.001.

Deserta trala fase de coordinación.

-Secretaría-intervención.

* A Coruña.

Concello de Carnota 1.520.001.

Bousoño López, Carlos. DNI 50.147.302.

Concello de Oroso 1.559.001.

López Fernández, Mª José. DNI 33.285.691.

Concello de Paderne 1.563.001.

Ozamiz Lestón, Juan José. DNI 33.233.410.

Concello de Vilarmaior 1.590.001.

Novoa Paseiro, Rosa Milagros. DNI 32.771.241.

* Ourense.

Concello de San Cibrao das Viñas 3.273.001.

Colmenero Veloso, Mª Isabel. DNI 34.947.684.

Concello de San Cristovo de Cea 3.274.001.

Mansilla Vázquez, Santiago. DNI 33.240.383.

Concello de Viana do Bolo 3.285.001.

Tallón Núñez, Silverio. DNI 34.715.170.

Concello de Vilar de Santos 3.289.001.

Deserta trala fase de coordinación.

* Pontevedra.

Concello de Ribadumia 3.645.001.

Franco Mateo, Mª Dolores. DNI 5.241.688.

2. Os restantes postos convocados non foron obxecto de adxudicación por falta de solicitantes, por non reunir estes os requisitos ou puntuación mínima, de se-lo caso, por falta de resolución ou da súa remisión a esta dirección xeral por parte das corporacións respectivas, ou por suspenderse o procedemento de concurso por resolución xudicial.

3. O prazo de toma de posesión dos funcionarios dos que se formalizan os nomeamentos, será de 3 días hábiles, se se trata de postos na mesma localidade e dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

4. As corporacións locais deberán remitir a esta dirección xeral e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

7624