Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de setembro de 1997, no que se lle adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia á corporación local de Avión (Ourense).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaoito de setembro de 1997, relativo á adxudicación provisional dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación pola Corporación local de Avión (Ourense), resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 18 de setembro de 1997, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora para a súa explotación polo Concello de Avión (Ourense), texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1997.

José Manuel Soto Vázquez

Director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de setembro de mil novecentos noventa e sete adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, acorda adxudicarlle, con carácter provisional, a explotación dunha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia

ó Concello de Avión (Ourense), que se relaciona no anexo adxunto, con expresión das características que corresponden á citada emisora.

O outorgamento da concesión, que habilitará para a posta en funcionamento da correspondente emisora, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social adoptará as medias necesarias para a execución do presente acordo, de conformidade coas funcións que lle outorga o artigo 2º do Decreto 212/1996, do 6 de xuño, que modifica parcialmente a estructura orgánica da Xunta de Galicia».

Anexo do acordo do Consello de la Xunta de Galicia, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación pola Corporación local de Avión (Ourense).

Prov.: Ourense.

Concello: Avión.

F(Mhz): 107.6

Lonx.: 8W1458

Lat.: 42N2236

Cota: 349

HEFM: 37.5

PRAW: 50

P: M

D: N

Sector: -

7815