Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

EDICTO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 23 de setembro de 1997, prestoulle a súa aprobación con carácter inicial á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de San Cibrao das Viñas, sector parque tecnolóxico.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, para os eu exame e reclamacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Como consecuencia da aprobación inicial, quedan suspendidas as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas zonas afectadas pola modificación.

San Cibrao das Viñas, 23 de setembro de 1997.

A alcaldesa

Rubricado

7690