Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

Rematados os traballos de elaboración da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga, co grao de desenvolvemento que permite formular criterios, directrices e os obxectivos xerais do plan, ábrese un período de información pública, polo prazo

dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio, durante o cal os interesados poderán formular suxestións e propostas de convenios urbanísticos que se consideren procedentes.

Os traballos poderán examinarse na secretaría do concello, nos días laborables, en horario de oficinas.

Aranga, 30 de setembro de 1997.

José Mosquera Maceiras

Alcalde-presidente

7707