Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 1997, adoptou o acordo coa seguinte parte dispositiva:

Acordada a elaboración da modificación das vixentes normas subsidiarias de Sanxenxo, co obxecto de proceder á prohibición e limitación dos usos de determinadas salas de reunión no termo municipal de Sanxenxo, ó abeiro do disposto polo artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, supéndese polo prazo dun ano o outorgamento de licencias de edificación e apertura de establecementos destinados a bares especiais, pubs, cafés concerto, discotecas, taboados flamencos, salas de festas e salóns de baile nas zonas urbanas de Sanxenxo e Portonovo e delimitacións de solo urbano de Vilalonga, A Revolta (Noalla), A Granxa (Dorrón) e tódo

los núcleos rurais e tradicionais e núcleos de recente formación do termo municipal de Sanxenxo.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, pódese interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercitar, se é o caso, calquera outro que se considere procedente.

Sanxenxo, 29 de setembro de 1997.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

7699