Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1697/97, interposto pola Asociación Profesional de Inspectores Médicos, ó amparo da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que

se reclama o expediente relativo ó recurso 1/1697/97, interposto pola Asociación Profesional de Inspectores Médicos contra a Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

En consecuencia, esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, acorda remiti-lo citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles empraza para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Primeira da referida sala no prazo de cinco días.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

7273