Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en sesión plenaria celebrada con data trinta e un do pasado mes de xullo, aprobou as seguintes bases para a cobertura de dúas prazas de auxiliar administrativo.

Primeiro.-É obxecto da convocatoria a cobertura de dúas prazas vacantes de auxiliar administrativo incluídas no cadro de persoal do exercicio de 1997 aprobado polo Concello de Gondomar correspondentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, categoría auxiliar do grupo D.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

1. Seren españois, maior de idade, sen exceder de cincuenta e cinco na data en que remate o prazo para a presentación de instancias.

2. Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento da función.

3. Estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

5. Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

Terceira.-Instancias.

As instancias nas que se solicita tomar parte no proceso selectivo presentaranse no rexistro xeral do concello, debidamente reintegradas, no prazo de vinte días naturais a partir da aparición do anuncio da convocatoria no BOE e poderán tamén presentarse do xeito previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Nas súas instancias os interesados manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos exisidos na base segunda da convocatoria, debendo achega-lo

xustificante do ingreso dos dereitos de exame que se fixan en 3.000 pesetas.

Xunto coas instancias, os aspirantes deberán presenta-la documentación acreditativa dos méritos que aleguen para optar á puntuación na fase de concurso, se é o caso.

Carta.-Admisión aspirantes.

Remantado o prazo de presentación de instancias o alcalde aprobará a lista de admitidos, notificándollos ós excluídos a causa da súa exclusión co obxecto de que poidan reclamar contra esta no prazo de dez días.

Quinta.-Tribunais cualificadores.

Estarán integrados do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secrearia: a do concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia, nomeado por esta. Un concelleiro designado polo alcalde. Un representante dos grupos do BNG/PS de G-PSOE, nomeado por estes. A interventora do concello. Un representante dos delegados de persoal do concello, con voz e sen voto.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas e poderán ser recusados do xeito previsto no artigo 29 da Lei 30/1992, debendo absterse de actuar nos supostos comprendidos no artigo 28 do mesmo texto legal.

Nomearanse suplentes para cada un dos membros do tribunal. O seu nomeamento farase público no taboleiro de anuncios do concello xunta coa relación de excluídos. Os tribunais non poderán constiuírse nin actuar sen a asistencia de alomenos a metade máis un dos seus membros.

Sexta.-Procedemento selectivo: concurso-oposición.

Fase de concurso.

A fase de concurso será previa á de oposición e a puntuación máxima que se obterá por este apartado é de cinco puntos. Nesta fase avaliaranse os méritos achegados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo con base no convenio do persoal vixente:

I. Por cada mes traballado ó servicio do Concello de Gondomar, en funcións relacionadas co posto que se vai desenvolver: 0,20 puntos ata un máximo de 2 puntos. Acreditarase cun currículum e certificación dos servicios prestados.

II. Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro organismo competente para imparti-los cursos relacionados coa praza á que se aspira: 0,25 puntos

por cada curso ata un máximo dun punto. Contabilizaranse neste apartado os cursos de galego.

III. Por titulacións ou estudios que teñan relación coas funcións que se van desenvolver: por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación, excluíndo o necesario para o acceso á praza e os que foran alegados como mérito noutros apartados: 1 punto, ata un máximo de 2 puntos.

Os apartados II e III acreditaranse con copia compulsada dos títulos ou certificacións orixinais.

Fase de oposición.

A fase de oposición constará dos seguintes exercicios eliminatorios:

a) Exercicio 1. Consistirá nunha copia a máquina manual que levará o aspirante, durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto. Cualificarase a velocidade, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito.

b) Exercicio 2. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 50 preguntas, con respostas alternativas sobre o contido do programa establecido no anexo, durante o prazo máximo dunha hora.

c) Exercicio 3. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, dous supostos teórico/prácticos sinalados polo tribunal e relacionados con algunha ou algunhas das materias a que se refire o programa establecido no anexo aínda que non se ateña a un epígrafe concreto del. Valoraranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a composición gramatical e a claridade de exposición. Este exercicio será lído polos aspirantes diante do tribunal, podendo este realizar aquelas preguntas que relacionadas co programa coide convenientes.

d) Exercicio 4. Obrigatorio non eliminatorio. Constará de dúas probas:

1. Proba de coñecemento do galego que consistirá na traducción dun texto, proposto polo tribunal, do castelán para o galego, durante un tempo máximo de trinta minutos.

2. Proba práctica de manexo dun ordenador persoal cun procesador de texto Word 6.0 para Windows.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios 1, 2 e 3 cualificaranse de 0 a 10 puntos quedando eliminados os que non acadasen un mínimo de 5 puntos en cada un deles. O exercicio d) cualificarase de 0 a 2,5 puntos cada unha das probas que compón.

Octava.-Cualificación final.

A suma das puntuacións acadadas no conxunto dos catro exercicios da fase de oposición e maila obtida na fase de concurso dará a cualificación final non podendo o tribunal propoñer para o seu nomeamento a máis de dous aspirantes.

Novena.-Presentación de documentos e nomeamento.

Os aspirantes propostos presentarán na secretaría do concello dentro do prazo de vinte días naturais a partir de que sexa publicado no taboleiro de anuncios a proposta de nomeamento os documentos acreditativos de que reúnen os requisitos exisidos na base segunda da convocatoria. Se dentro do prazo indicado e, salvo circunstancias de forza maior, o aspirante proposto non presentase a documentación ou se comprobase que non reúne os devanditos requisitos, no poderá ser nomeado e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidera ter incorrido por falsidade na instancia de solicitude.

Nese caso, o tribunal poderá formular nova proposta de nomeamento a favor do aspirante que, tendo superado a totalidade do proceso selectivo, lle siga na orde de puntuación. Os nomeados deberán tomar posesión do seu cargo no prazo de 30 días naturais contados a partir de que lle sexa notificado o nomeamento.

Décima.-Incidencias.

Os tribunais quedan facultados para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-las decisións precisas para o normal desenvolvemento dos procesos selectivos ó abeiro da lexislación en cada caso aplicable.

Programa anexo exercicios auxiliar administrativo.

1. A Constitución como norma fundamental do Estado. A Constitución de 1978. Principios básicos e estructura.

2. A Constitución: título preliminar. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A organización do Estado na Constitución.

3. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O poder xudicial.

4. A Administración do Estado. Caracterización xeral. O Goberno. A administración periférica do Estado. O delegado do Goberno nas comunidades autónomas.

5. Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da comunidade. As competencias da Comunidade Autónoma. O Parlamento. A Xunta e seu presidente. A Administración autonómica.

6. O réxime local español. As entidades que configuran a Administración local española. A súa autonomía de acordo coa Constitución.

7. O municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. Órganos de goberno do concello e o seu funcionamento.

8. Principios xerais do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro). Iniciación, ordenación, instrucción e remate dos procedementos. Comunicacións e notificacións. Referencia ós recursos administrativos.

9. Réxime dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Desenvolvemento das sesións. Actas e certificacións de acordos.

10. O rexistro de documentos: concepto. A presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. Información e participación cidadá. Dereitos e deberes dos veciños no ámbito local.

11. A función pública local. O persoal ó servicio do concello e a súa clasificación. Dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime de incompatibilidades.

12. Principios xerais da ordenación urbanística. A Lei do solo de Galicia: contido e estructura. Clases de instrumentos de ordenación.

13. A clasificación do solo e as características principais de cada categoría. Procedemento para a concesión de licencias. Ordes de execución.

14. A disciplina urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións e sancións. Tramitación e fases do procedemento sancionador.

15. A Lei reguladora das facendas locais. Estructura e contido. Disposicións que a desenvolven.

16. Recursos locais. Impostos. Taxas. Contribucións especiais. Prezos públicos. Outros recursos.

17. O orzamento das entidades locais. Principios xerais. Elaboración e aprobación. Modificacións orzamentarias. Estructura orzamentaria. Fases de execución do gasto.

18. A tesourería. Funcións. Modalidades e instrumentos do servicios financeiros. Recadación e período voluntario e en vía de constriximento.

19. O arquivo: concepto. Clases de arquivo e o seu funcionamento. Principais criterios de ordenación. O dereito dos cidadáns ó acceso a arquivos e rexistros.

Definición de informática. Concepto de ordenador. Clasificación dos ordenadores. Partes. Sistema operativo. Programas do sistema e programas de aplicación. Sistemas de tratamento de textos. Bases de datos. Follas de cálculo.

Gondomar, agosto de 1997.

Ramón Sestelo Fernández

Alcalde

7675