Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.864

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOCIACIÓN GALLEGA DE PIZARRISTAS

ANUNCIO.

V premio á mellor cuberta de lousa.

A Asociación Gallega de Pizarristas convoca a quinta edición do premio á mellor cuberta de lousa, de acordo coas seguintes bases:

1. Obxectivos.

-Recoñecemento óa profesionais pola súa contribución á utilización da lousa na arquitectura contemporánea.

-Conseguir un maior achegamento ós prescritores.

-Divulga-la lousa como solución idónea en calquera tipo de cuberta.

2. Candidatos.

Poderán optar ó premio todos aqueles profesionais (personas físicas ou xurídicas) que se dediquen á arquitectura e exerzan a súa actividade no Estado español, Andorra e Portugal.

3. Criterios.

O xurado, para decidi-lo premio, terá en conta os seguintes criterios:

-Proxectos realizados no territorio español, Andorra e Portugal, que utilicen lousa.

-Resalte no valor arquitectónico da construcción da lousa.

-Valorarase tamén a súa utilización en fachadas, revestimentos, zonas axardinadas, etc.

4. Contía dos premios.

Establécense os seguintes premios:

1. de 1.000.000 de ptas.

2. de 700.000 ptas.

3. de 500.000 ptas.

No caso de que o premio fose compartido por dous ou máis profesionais, dividirase o seu importe en partes iguais entre os gañadores.

5. Xurado.

O xurado encargado de deliberar estará composto por un número impar de profesionais pertencentes á:

-Consellería de Industria e Comercio.

-Escola Técnica de Colocadores de Lousa.

-Asociación Gallega de Pizarristas.

6. Decisión do xurado.

O xurado fará pública a súa decisión antes do 1 de decembro de 1997.

7. Procedemento de participación.

Aqueles profesionais que estean interesados en participar deberán enviarlle á Secretaría Técnica a solicitude admisión que se xunta, correctamente cuberta, antes do día 15 de novembro de 1997.

O xurado comunicará a admisión do proxecto.

O interesado remitirá a documentación do apartado 8 antes do día 25 de novembro de 1997.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres proxectos.

8. Documentación de proxectos.

Os proxectos que opten ó premio deberán documentarse de xeito real e o xurado poderá solicitar calquera tipo de acreditación que considere necesaria. Os participantes presentarán a seguinte documentación:

-Breve memoria descritiva.

-Material fotográfico: 3 fotografías (25x30) e 4 diapositivas, perspectivas xerais e de detalle.

-Datos persoais do autor ou autores do traballo, en sobre pechado, sendo numerada a súa recepción.

-Os proxectos non irán asinados nin presentarán ningún distintivo.

9. Publicación.

A organización do premio resérvase o dereito de publicación das fotografías, diapositivas, etc., dos proxectos presentados, facendo consta-lo seu autor ou autores.

A organización, ó adquiri-los dereitos de publicación, poderá utilizalos para o que considere oportuno, sempre de acordo coa promoción da lousa.

10. Entrega de premios.

A entrega de premios levarase a cabo coincidindo coa asemblea xeral anual da Asociación Gallega de Pizarristas, así como a exposición dos proxectos. O gañador ou gañadores farán unha sinopse expositiva da concepción e desenvolvemento do proxecto.

11. Asistencia á entrega de premios.

Os gañadores dos premios deberán asistir á entrega do galardón, para a sús recepción. En circunstancias excepcionais, poderán delegar noutra ou noutras persoas, que asistirán provistas da oportuna autorización.

12. Secretaría Técnica.

A Secretaría Técnica deste premio será asumida pola Asociación Gallega de Pizarristas, coas seguintes funcións:

-Resolverá as consultas formuladas durante o período de información.

-Recibirá as solicitudes de admisión e a documentación definitiva dos traballos.

-Levantará acta provisional da admisión dos traballos.

-Comunicaralles a tódolos participantes a decisión definitiva do xurado.

Selado e Rubricado