Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 09 de outubro de 1997 Páx. 9.849

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997 pola que se convocan prazas de persoal laboral para o Igape.

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, convoca probas de selección para cubri-las seguintes prazas:

a) 1 técnico medio fixo.

b) 1 técnico medio interino.

c) 1 auxiliar administrativo fixo, secretaria de dirección, con bos coñecementos de inglés.

d) 1 auxiliar administrativo fixo con bos coñecementos de inglés.

e) 1 auxiliar administrativo fixo.

f) 1 subalterno.

As retribucións de cada unha das prazas convocadas serán as seguintes:

Técnicos medios: máximo 3.093.992 ptas. brutas anuais.

Auxiliares administrativos: máximo 2.173.478 ptas. brutas anuais.

Secretaria de dirección: máximo 2.408.786 ptas. brutas anuais.

Subalterno: máximo 2.104.288 ptas. brutas anuais.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas de cada praza:

A) e B) Técnicos medios.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulación universitaria media ou superior.

-Experiencia mínima de ano e medio en posto similar.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Coñecementos de procedemento administrativo en axudas e subvencións (estudio, concesión, seguimento e liquidación).

-Coñecementos de MS-OFFICE.

-Coñecementos do sistema público de axuda e incentivos ás Pemes (especialmente Igape, SODIGA, INESGA e BIC).

Valorarase:

-Coñecementos de idiomas.

C) e D) Auxiliar administrativo-secretaria de dirección e auxiliar administrativo con bos coñecemento de inglés.

Requisitos mínimos que deberán ser debidamente acreditados:

-Graduado escolar ou equivalente.

-Galego nivel perfeccionamento.

-Experiencia mínima de ano e medio en posto similar.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Informática. Imprescindible o manexo de Word e Excel baixo contorno Windows.

-Igape/SODIGA/INESGA/BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

-Coñecementos altos de inglés, falado e escrito.

-Estructura organizativa da Xunta de Galicia.

Valorarase:

-Coñecementos de francés e/ou alemán.

-Coñecementos doutras ferramentas informáticas.

E) Auxiliar administrativo.

Requisitos mínimos que deberán ser debidamente acreditados:

-Graduado escolar ou equivalente.

-Experiencia mínima de ano e medio en posto similar.

-Galego nivel perfeccionamento.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Informática. Imprescindible o manexo de Word e Excel baixo contorno Windows.

-Igape/SODIGA/INESGA/BIC como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

-Estructura organizativa da Xunta de Galicia.

Valorarase:

-Coñecementos de inglés, francés e/ou alemán.

-Coñecementos doutras ferramentas informáticas.

F) Subalterno (información e rexistro):

Requisitos mínimos que deberán ser debidamente acreditados:

-Graduado escolar ou equivalente.

-Experiencia mínima de ano e medio.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Coñecementos de informática en contorno Windows.

-Bos coñecementos de galego.

-Igape como instrumento de apoio ó sistema productivo de Galicia.

- Estructura organizativa da Xunta de Galicia.

Valorarase:

-Experiencia en postos de atención ó público.

Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

-Currículum vitae demostrable.

Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica. Versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convocatoria para cubrir este posto, que haberá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica poderá realizarse nunha ou dúas fases, por criterio do comité de selección; neste último caso, soamente pasarán á entrevista persoal aqueles candidatos que superasen as dúas fases de proba.

Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, o comité de selección publicará no taboleiro de anuncios do Igape a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

b) Entrevista persoal. Avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da adecuación deste ó posto de traballo.

3. Unha vez rematado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome das persoas seleccionadas no taboleiro de anuncios do Igape, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

7505